Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Vai xa por diante, como primeira e sentida opinión que, sexa o animal can ou cadela, merece atención e respecto. E dillo quen ata os case once anos de idade viviu na aldea, e o can chamado “For” facendo compañía para ir a pastar a vaca, tamén un máis arredor da mesa reposando no chan, pero atento; outras veces sentábase ao carón da artesa, porque o animal -aínda sendo animal- tiña o instinto olfatorio, o cheiro do pan de millo que alí se conservaba; e intuía a oportunidade de que lle tocara una codia cando íamos abrir a artesa para sacar pan. O can ou cadela, e o gato, formaban parte da fauna domiciliaria propia e da dos veciños, pois raro era que non tiña can ou cadela. Axudaban á familia na seguridade, na caza, compañía…
Pero nos últimos tempos comeza, e xa parece que hai certas controversias -non chegan a maiores discrepancias-, sobre os cans ou cadelas nos espazos públicos. Xa sexa nas rúas, ou nos parques, escoitamos exclamar: “Hai máis cans que rapaces”. Hai a quen lles gusta e están cómodos ca presenza de cans merodeando arredor das mesas duha terraza ou nos parques, e a quen non. Conteilles tempos atrás unha experiencia persoal nun parque, na que correteaba dun lado para outro un cancillo coa súa responsable a distancia, ensimismada no teléfono móbil, cando eu, tamén no parque, estaba facendo uns exercicios de quecemento; entón o canciño veu para o meu lado e non me deixaba; ata tal punto que tiña medo e precaución de non darlle unha patada ou pisalo. Chegou un momento que decidín irme para outra esquina do parque, pero o animaliño seguiume e brincaba ao carón das miñas pernas… Nun instante dado, aínda lonxe, a miña mirada coincidiu ca da señora dona do canciño, co cal eu me escollín de ombreiros, facéndolle un xesto, insinuando que mellor era que chamara o cadeliño ou cadeliña… se lle facía caso, que iso é outra. A moza, xoven, acercoúseme pianiño, ata certa distancia, e espetoume: “Hace usted unos ejercicios tan bruscos que me espanta al perrito”. ¡Buenoo!, aquí paz e despois gloria, rematei co quentamento e funme.
A moza, xoven, acercoúseme pianiño, ata certa distancia, e espetoume: “Hace usted unos ejercicios tan bruscos que me espanta al perrito”. ¡Buenoo!, aquí paz e despois gloria, rematei co quentamento e funme.
E agora, nos últimos días, aparece unha pequena polémica retranqueira, propiciada por dous bos tipos, que de expresión e escritura andan fenomenal, e ata lle poñen sentido do humor ao asunto. Refírome ao profesor Afonso Monxardín -asiduo desta sección- e Xosé Benito Reza -autor de libros e frecuente nas redes sociais-, que parece non concordan de todo en canto a presenza pública de cans ou cadelas. Mentres o profesor aboga por un novo imposto, o pago dunha TTC (Taxa por Tenza de Cans), e explica e matiza a motivación de tal imposto, replicoulle Reza en Facebook, con certa dose irónica, aproveitando que en “La Mirilla” de La Región saiu un comentario baixo a imaxe dun can ou cadela tapadiña contra o frío e collida dunha cordiña pola man dun home, cun comentario: “FIEL COMPAÑERO”. Aproveitouno Reza escribindo “dedicarlle ao sr. Monxardín, o profesor que o pasado sábado… neste mesmo periódico e coa súa habitual retranca propuña o pago dunha TTC para estes animais…”
Eu, que non reparo demasiado no considerable aumento, nos últimos tempos, de cans ou cadelas, cecais por convivir cos animais na miña infancia, considero, iso si, que ao igual que se esixe un calendario vacunal e controles aos nenos e maiores, non sei eu como están os cans na obligación e control de enfermidades, xa que a maioría andan soltos non só nos parques senón tamén polas rúas. Maior control en todos os sentidos deben ter. Hoxe non é como naqueles tempos, nos que un can só o miraba o veterinario cando se atopaba mal e/ou tiña valor: É un bo can, como se adoitaba dicir. Pero os tempos cambiaron e as responsabilidades ao respeto tamén.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Lembranzas de Otero Pedrayo no centenario da Guía de Galicia
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Blas de Lezo
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El récord Guinness que espera en Lugo
Lo último
REUNIÓN EN WASHINGTON
Estados Unidos y Nueva Zelanda estrechan su colaboración en minerales estratégicos
INCIDENCIAS EN EL TRÁFICO
Árbol caído bloquea la N-120 y complica la circulación en Ourense