Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
PINGAS DE ORBALLO
A perna asoma na foto e o desexo espállase, derrámase polas marxes do sofá en cámara lenta ou coma un suspiro. En cada alento vai un bico e, en cada bico, un momento. A luz entra pola claraboia, pola lumieira, e a nostalxia sobe, silenciosa no ascensor do inverno.
A perna está medio dobrada; porén, o pensamento vai recto. Porque existen devezos para os que non hai obstáculos, pexas nin atrancos que os freen. Como hai silencios dentro dos ruídos e como hai baleiro dentro das algarabías. Todo, absolutamente todo, reflicte, vive nos ollos que miran.
Na foto hai luz, tamén penumbra e, por suposto, silencio. Hai un soño suspendido. Hai unha fantasía que non remata. Hai unha memoria compartida e unha melancolía preñada de romanticismo. Na foto hai espazo, hai baleiro, hai brancura e, fóra dela, hai un berro seco.
A mirada examina a foto unha e outra vez
Un berro no que está todo resumido, ou escrito, ou recitado, ou cantado. No berro vai tamén o tempo que foi. Na ansia está a esperanza do tempo por vir. O tempo dirá se houbo espazo para soñar.
A mirada examina a foto unha e outra vez: percorre a pel coma un mapa, detense en cada poro, estuda a posición e remata cunha lección de anatomía digna dunha ecuación sen números, na que todos os pensamentos bulen pola corredoira da súa pel.
Última ollada a unha realidade alegórica. A memoria é magnífica para lembrar: lembrar en silencio, lembrar en soños, lembrar a foto, a perna, o instante. Lembrar por sempre e para sempre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Henri Matisse (1869-1954)
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Lo último
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios
PRIMERA PROMOCIÓN DE GRADUADOS
La “lotería” de haber apostado por la IA antes de su estallido