Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Del mismo sitio al mismo lugar
F oi un pracer enorme estar con eles. Son ilustres contertulios e amigos de vello e para sempre. Son emprendedores, camiñantes polos camiños da vida, polos carreiros da experiencia, polos lindeiros da política e polas sendas da amizade e da literatura, da creación, da investigación e do ensaio. Carlos Mella Villar e Carlos Baliñas Fernández andan pola Estrada e por Cerdedo escoitando o falar da xente, vendo o mirar da xente, repartindo bonhomía da que eles teñen.
Sinto ledicia de estar con eles, de aprecialos, de escoitalos e de falar con eles. Son voces da experiencia en todo, na docencia de antes e de agora, na economía de agora e de sempre, na filosofía do que somos e do que aparentamos, na realidade da vida e no transito esquivo entre o ser e non ser nada. Don Carlos Baliñas e don Carlos Mella son amigos de si e son mestres de nós, son auténticos baluartes na defensa desta Galicia maltratada e aldraxada por algúns dos galbáns que andan en funcións gobernamentais.
Estivemos no Foxo e fomos a Vilarchán. Chegamos, paramos, saudamos aos de Quireza, xantamos ben e moi ben atendidos. Estivemos en terras do Lérez, que baixa da serra do Candán, onde a natureza é quen manda. Falouse do divino, do humano e do lobo, do porvir, da confianza e da esperanza. Foi un gusto compartir espazo e tempo con eles, cos Carlos doutos das Terras de Montes, pensadores atrevidos, conquistadores, cada un deles, dos seus propios desexos. Noraboa e moitas grazas, amigos.
Ao día seguinte tocou Salvaterra do Miño. Alí no Condado estivemos, no Noso Eido, con outro amigo que se foi, con Luís Ferreiro, comunista, cantor, ferreiro e canteiro. Un loitador polas liberdades, con audacia e con valentía. Estivemos ao carón da raia e do río lembrando a súa bondade, recordando a súa firmeza e a súa razón. Escoitamos outra vez, e en silencio, o relato das súas andainas polos Ancares, as conversas coas pedras que paredaba e rematamos a xornada co orgullo da súa amizade, levantando moi alto o facho do entendemento.
Sentimos a ausencia imprevista doutro mestre, don Xesús Alonso Montero, un servidor e defensor de tódalas causas dos humildes, dos homes e dos pobos. Sería outra honra, querido profesor, contar co seu falar nesta xuntanza, na que se rendeu tributo á amizade, á sabedoría e á bondade natural e propia dos homes de comportamento normal e sinxeleza nas súas maneiras. Como di a Tía Manuela, “que bonito é”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Del mismo sitio al mismo lugar
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
Dos intocables hasta hoy...
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
“Tipos raros”
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O que corta o bacallau
Lo último