Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
PINGAS DE ORBALLO
Transcorridas xa corenta e oito horas exactas dunha nova andaina chitoliana, aínda sigo abraiado pola ousadía, o atrevemento e a afouteza da aventura. E non por perigosa, nin por longa, nin sequera por dificultosa, senón por... por solitaria, si. E, aínda que pareza incrible, tamén por silenciosa, malia o continuo bruído do río Gorgua.
No momento en que percorrín a fervenza do río Gorgua non sentín outra cousa que calma; non vin outra cousa que beleza, nin pensei na súa suposta “perigosidade”. É agora cando caio na conta da animalada, da auténtica burrada que cometín: completamente só, por un pequeno carreiro perdido nunha carballeira espesa, sen unha alma en todo o percorrido. Só, só, só. Mesmo, máis tarde, unha veciña de Padrenda amosou o seu asombro ó saber que me metera só por aquel monte, por aquela fraga.
Porén, a realidade foi -é segue sendo- a dunha fervenza marabillosa, espectacular precisamente polo río tan encaixado e polo bosque pechado: nin un maldito claro, nin un descampado. Tan só o continuo murmurio, o ruxerruxe das augas rápidas rachando ese silencio, esa soidade. Pequenas cascadas cada pouco, presas aquí e acolá, vairas cada cinco ou dez metros, restos de muíños e escaleiras de pedra que facían máis levadías as subidas. Musgo. Musgo por todas partes. Todo cuberto de musgo.
Hai que repetir a experiencia, pero desta volta acompañado. Esa fervenza merece a pena facela completa. Aínda que, iso si, cunha pequena indicación: que o concello de Padrenda a sinalice un pouco mellor, polo menos no punto onde adoita comezar o percorrido, en Freáns, xusto nunha área recreativa situada no lado de abaixo da ponte que cruza o río Gorgua. Por que despois, iso si, o carreiro xa non ten perda ningunha.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No era para tanto esto del mar
CLAVE GALICIA
Abel a toda pantalla
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A mesquita de Guitiriz, unha curiosidade bélica recente
Lo último