Soldados sen causa

¡Buone visioni!

Publicado: 06 jun 2025 - 06:50

Soldados sen causa
Soldados sen causa | Archivo

Roberto Minervini é un director de cine italiano que desenvolveu case a totalidade da súa carreira profesional no estranxeiro, principalmente nos Estados Unidos. É un cineasta fronteirizo que dirixiu tanto cine narrativo como documental, e que parece ter aprendido a pé de letra a lección de Werner Herzog cando declara que os seus mellores filmes de ficción son documentais e ao revés, os seus grandes documentais son ficcións. Coa súa última película, Los malditos, estamos diante dun filme de ficción pero construído como se fora un documental, sen un guión previo e gravado en orde cronolóxica.

Minervini é un cronista sensible e atento ao igual que absolutamente atípico da chamada ‘América profunda’. Nas súas anteriores películas como The Passage (2011), Stop the Pounding Heart (2013), ou The Other Side (2015), só por citar algún título, centrouse en retratar a vida de personaxes marxinados, obsesionados pola armas e a relixión

Los malditos está ambientando en Montana, no inverno de 1862, en plena Guerra de Secesión. O exército dos Estados Unidos envía unha compañía de soldados voluntarios aos territorios inexplorados do oeste, coa misión de patrullar estas terras fronteirizas. A medida que a súa misión avanza, cambia de rumbo, e o significado dos esforzos e do compromiso de cada un deles empeza a vacilar...

Minervini é un cronista sensible e atento ao igual que absolutamente atípico da chamada ‘América profunda’. Nas súas anteriores películas como The Passage (2011), Stop the Pounding Heart (2013), ou The Other Side (2015), só por citar algún título, centrouse en retratar a vida de personaxes marxinados, obsesionados pola armas e a relixión. A súa visión, formalmente impecable, posúe o lirismo que chega do inesperado, das zonas máis recónditas e profundas do ser humano e da natureza máis árida e hostil. Los malditos é unha película que reflicte todos estes temas xa expostos por Minervini nas súas anteriores obras. Aquí, investigando na historia, ponse a procura das raíces do mal, poñendo os focos nunha guerra civil que, como todas as guerras, acábase convertendo nun sen sentido. A conflito que leva á gran pantalla Minervini é moi parecido ao de Giovanni Drogo, o protagonista de El desierto de los tártaros de Dino Buzzati: a eterna espera dun inimigo que sempre está a punto de chegar pero que nunca aparece. O máis parecido aos soldados sureños son uns disparos que, dende moi lonxe, iluminan a escuridade da noite, ao igual que o eran as frechas que golpeaban a balsa dos buscadores de Eldorado en Aguirre, la cólera de dios (1972) de Werner Herzog, outro filme sobre unha absurda misión destinada ao fracaso.

Minervini desmonta os mitos do orgullo bélico: a gloria, os heroísmos, as causas xustas, a fe nas armas ou a guerra como un mal necesario. O prólogo mostra unha jauría de lobos devorando a un cervo e xa deixa claro o carácter deshumanizador dos acontecementos que imos ver a continuación. Minervini derriba os arquetipos bélicos lentamente, a través de grandes silencios, en breves diálogos reveladores e no medio dunha natureza desoladora, fría e indiferente. A fotografía de Carlos Alfonso Corral – que tamén firma unha banda sonora orixinal minimalista – é excelente, e os rostros dos personaxes son moi acertados. Minervini, gañador do Premio a Mellor Director no Festival de Cannes 2024 con este filme, demostra que o western – un dos xéneros fundacionais do cinema - aínda ten moito que dicir.

Contenido patrocinado

stats