Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
Acabamos o ano falando de política municipal e arrancamos este 2025 co soldo dos alcaldes en plena actualidade, pois acaba de facerse pública a lista de ingresos con cargo ao erario local respectivo. Esta táboa de remuneracións está recollida no ISPA (espazo de Información Salarial de Postos da Administración, dependente do Ministerio da Función Pública) e refírese ao exercicio de 2023.
Con tempo e ganas, se a asistencia á cabalgata non llo impide, pode resultar un bon entreteñemento para unha xornada de chuvia e cara de poucos amigos, ademáis de extraer conclusións. A primeira -non menor- é que hai un lote de alcaldes e alcaldesas correspondentes a concellos grandes e pequeniños, con comportamentos algo piratillas, pois dos 8.132 existentes en España, arredor dun milleiro (o 12,5%) non presentaron o montante do soldo ou percepcións dos seus rexedores, a pesar de estar obligados a facelo.
E agora ven o máis relevante. (Deixemos o caso do concello de Ourense aparte, pois unha xestión sen maioría absoluta que detrae partidas económicas destinadas a auxiliar a nenos e maiores en situación de vulnerabilidade, e lamina as de Cultura -con maiúsculas- para luces e orquestras, rebasa calquera análise sobre soldos e entra de cheo nas responsabilidades colectivas da Corporación municipal, sen esquecer a outras institución públicas e privadas nin á resignada -parece- cidadanía). Logo, son caros os alcaldes? Depende, xa que facer tábula rasa podería levar a erro nas conclusións. A priori, non hai alcaldes -políticos en xeral- caros nin baratos, pois eso estaría en función dos ingresos que xeren e do rendemento que consigan para os administrados coa sua xestión. Valga un exemplo ilustrativo sen sair de Ourense: o alcalde dun concello con algo máis de 6.400 habitantes e 7 millóns de euros de presuposto cobre 46.000 euros, pode resultar máis barato para os contribuintes, que o de outro que non chega ós mil residentes e 2,3 millóns de orzamento, que lle custe 42.000 euros as arcas municipais.
A priori, non hai alcaldes caros nin baratos, pois iso dependería dos ingresos que xeren e do rendemento que consigan para os administrados coa súa xestión.
Ampliando o foco e sen sair de Ourense, salvando excepcións, parece claro que hai dedicacións exclusivas que non se xustifican e que a pouco que afondemos aparece un funcionamento lastrado pola falla de medios que leva de fronte ao debate sobre a fusión de concellos que permitiría armonizar a distribución xeográfica e mellorar servizos, como primeiro paso para a implementación de outras políticas que facilitarían a reversión da esmorecedora dinámica socioeconómica actual.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último