Afonso Vázquez-Monxardín
Sahara, fixémolo mal?
PINGAS DE ORBALLO
O debate iniciouse polo nome, en galego, que se lle daba á acción de facer que solte a tinta ou a cor [unha cousa que estaba tinguida], que, na nosa parola en concreto, era unha prenda de roupa. Realmente é destinguir e, como sinónimo, destinxir.
Todos os dicionarios deberían aceptar aquelas entradas erróneas, coa súa correspondente explicación, por suposto, para saber das costumes, dos hábitos, dos usos doutros lugares
Porén, o coloquio derivou cara ó uso que lle dabamos cada un dos participantes, que, por desgraza, non era o de destinguir, ou sexa, o real. Eu sempre dixen “destiñir” (non destinxir), influenciado por suposto polo castelanismo que nos meteron á forza. Coido que incluso algunha vez puiden deixar caer “distiñir”.
Unha das persoas do faladoiro, da zona de Lobios, comentou que por alá sempre dicían “desbotar”, que, en galego, significa realmente “non aproveitar ou non aceptar (unha cousa)”. Foi a partir de aquí cando souben, certamente xa hai tempo que o sei, polo que case é mellor entón dicir cando confirmei a riqueza da nosa linguaxe. Poida que, lingüisticamente ou gramaticalmente, moitas palabras sexan erróneas por influencia de... Pero aínda así deberiamos aceptalas porque sempre teñen un algo con respecto á súa procedencia ou ó seu uso.
Hoxe en día -por aquilo dos arquivos dixitais- todos os dicionarios deberían aceptar aquelas entradas erróneas, coa súa correspondente explicación, por suposto, para saber das costumes, dos hábitos, dos usos doutros lugares. Eu teño unhas cantas de exemplo pola zona de Baños de Molgas, que usamos pero que non saen no dicionario da RAG, que por falta de espazo deixarei para outro Pingas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Afonso Vázquez-Monxardín
Sahara, fixémolo mal?
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Pregúntele a Vivas
Juan José Feijóo
Las encuestas más fiables, menos la del CIS
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
O bo goberno
Lo último
español en el exterior
Varsovia se cita con el flamenco en el Instituto Cervantes
EL 4 DE OCTUBRE
El Día de la Bici alcanza su 30 edición en Ribadavia