Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Cando se colga un ordenador, o primeiro, hai que resetealo. Creo que é o que se debería facer nesta encrucillada esperanzadora do conflito israelí-palestino. Resetear, pensar de novo. É obvio que os acordos de Oslo (1993) non funcionaron e a solución dos dous estados predicada neles non se chegou a concretar, por múltiples causas. Principalmente porque as persoas ás que lles tocou xestionar o tema non tiveron a vontade, a sabedoría e a xenerosidade dos asinantes. Entrementres, esmoreceu a ilusión da paz, e foron medrando, en ambos bandos, os partidarios do non acordo. Como conflito político interno en Israel e a tiros entre palestinos de Hamás e a ANP (2006-2011).
A primeira vez que lin o titular da solución dos tres estados puxen a mesma cara de sorpresa que, seguramente, vostede ten arestora, pero lin con curiosidade. Non me lembro do nome do que asinaba o artigo do Times of Israel, pero seguro que tampouco lles diría nada. Despois, furguei un pouco máis no tema (recoméndolles, por exemplo, un paper do The Begin-Sadat Center for Strategic Studies, da Bar-Ilan University de Tel Aviv), e vin que, como todo nesta zona, era complexo, pero interesante; moi interesante e que había varias interpretacións ao dos tres estados. E que por activa ou por pasiva, co nome que fose, algo diso acabaría habendo para a solución do conflito. De feito, a vía dos vinte puntos de Trump que todos aplauden hoxe, non anda lonxe.
Tamén hai quen avoga, simplemente, por “devolver” Cisxordania a Xordania (quen a xestionou ata 1967) e Gaza a Exipto (quen a xestionou ata 1967) e que organicen eles as súas respectivas autonomías nos seus territorios...
Para empezar, hoxe, si, de feito xa hai tres entidades -estados ou proestados- con dinámicas propias moi distintas: Israel, Cisxordania -onde manda a ANP- e Gaza -onde manda Hamás. E vistas as vías para a paz especificadas no plan de Trump, estableceríase en Gaza unha realidade administrativas nova, baixo un poder provisorio por definir, pero con ampla presenza garantista de EEUU. Obviamente entre o poder que resulte ao final na nova Gaza e a ANP haberá un fluxo de relación político-administrativa aínda por determinar. Dalgún xeito son, aínda que provisionalmente, os tres estados.
Tamén hai quen avoga, simplemente, por “devolver” Cisxordania a Xordania (quen a xestionou ata 1967) e Gaza a Exipto (quen a xestionou ata 1967) e que organicen eles as súas respectivas autonomías nos seus territorios... e aí estarían xa tres estados: Israel, Exipto e Xordania. A cousa ten a súa miga. O mandato británico de Palestina incluía Israel e Xordania, polo que, dalgún xeito, a Xordania máis a Cisxordania, serían “a parte árabe” (95 mil km2) do total do Mandato británico (120 mil km2). Pero isto ten, de partida opoñentes claros. Nin Xordania, nin Exipto queren saber nada dos palestinos. En 1971 houbo guerra entre a OLP e Xordania, “setembro negro”, -OLP matou a un primeiro ministro xordano- e os Irmáns musulmáns que fundaron Hamás, mataran a Sadat de Exipto por asinar a paz con Israel. De aí que eles teñan pechada sempre a fronteira de Rafáh -no sur de Gaza- porque non queren “malas influencias”. Pola súa banda, os palestinos, parecen pouco tentados a esta vía.
Cando en 2005 se retirou Israel de Gaza, algúns soñaron conque se construiría unha especie de Singapur do mediterráneo, pero desde o ano seguinte en que Hamás se fixo co poder, toda a axuda mundial acabou en construción de túneles e preparación da guerra, cunha especial dedicación á educación-adoutrinamento-entrenamento da xuventude. Por iso, é tan imprescindible que Occidente controle os programas educativos en Palestina como o foi en Alemaña ou Xapón despois da II Guerra Mundial. Para a felicidade dos pobos e para a construción do futuro, é mellor un certo grao de olvido e fomentar o perdón, como en Burindi, antes que seguir o código de sangue dos albaneses, o kanun. Reset is needed. Tamén en España.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Contumacia en el error
Lo último
HORARIOS ELIMINADOS
Deputados do PP esixen recuperar paradas do AVE na Gudiña este xaneiro
Tercer premio del Ministerio de Educación
Premio Nacional de Lectura para el CEIP Manuel Sueiro
MÚSICA E BAILE POPULARES
O Festival Rebulir cumpre 20 anos como garante de cultura e tradición