Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
¡Buone visioni!
Sorda, o debut cinematográfico de Eva Libertad, segue o mesmo camiño doutras obras recentes do cinema español dirixidas por mulleres e que tratan o tema da maternidade. Neste caso o filme céntrase sobre Ángela, unha muller xorda que vai ter un bebé con Héctor, a súa parella oínte. A medida que o embarazo avanza afloran os seus medos fronte a maternidade e sobre como poderá comunicarse coa súa filla. A chegada da nena xera unha crise na parella e leva a Ángela a afrontar a educación da súa filla nun mundo que non está feito para ela.
Sorda é unha historia que nace das vivencias persoais da actriz protagonista, Miriam Garlo, que acudiu á axuda da súa irmá, directora do filme, cando se expuxo ser nai tendo unha discapacidade auditiva. Os medos de Garlo acabaron converténdose no guión dunha curtametraxe que se alzou co premio do público na sección Panorama do Festival de Berlín no 2021 e no Festival de Málaga. Seguindo a tendencia recente de moitas curtametraxes premiadas internacionalmente, acabou converténdose nunha longametraxe.
A escena do parto, moi importante dentro do relato, transmite de forma moi contundente esa incomunicación. A directora transmítenos o desconcerto e a indefensión de Ángela mentres arredor a xinecóloga, a matrona e as enfermeiras, insisten en falarlle a través dunha linguaxe que ela non pode comprender.
O filme apostou por unha posta en escena intimista e unha gramática visual minimalista parecida a Cinco Lobitos (2022), composta principalmente de planos e contraplanos e cunha dirección ao servizo dos actores. A película enfronta á maternidade dunha persoa xorda. Ao igual retrata todo un mundo arredor de Ángela, e de como a sociedade dos oíntes, en moitos casos, sexa mal preparada para comunicarse con ela. A escena do parto, moi importante dentro do relato, transmite de forma moi contundente esa incomunicación. A directora transmítenos o desconcerto e a indefensión de Ángela mentres arredor a xinecóloga, a matrona e as enfermeiras, insisten en falarlle a través dunha linguaxe que ela non pode comprender. Incluso comunícanse debaixo dunha mascariña quitándolle a posibilidade de ler os beizos e poder interpretar o que está pasando, creando unha barreira interpretativa importante. Ao igual o filme relata outras situacións incómodas para ela, momentos nos que as persoas con esa discapacidade teñen que convivir diariamente.
Paralelamente a Ángela, imos coñecendo a súa parella, Héctor (Álvaro Cervantes) que ilumina os claroscuros do personaxe de Ángela evidenciando as súas dificultades no seu proceso de adaptación.
Sorda diferénciase de clásicos que tratan as mesmas temáticas como Belinda (1948) de Jean Negulesco ou El milagro de Ana Sullivan (1962) de Arthur Penn, porque aquí a que unha discapacidade auditiva é a verdadeira protagonista. Durante toda a película os espectadores seguen o punto de vista de Ángela. E o segmento final é unha auténtica inmersión no seu mundo sonoro, unha ampliación do que xa escoitamos e vimos en Sound of Metal (2019) de Darius Marder. Quizais nestas últimas secuencias o filme consegue comunicar de verdade aos oíntes que significa vivir con esta discapacidade, incluso levando audífonos, e dar visibilidade, a través da historia de Ángela, a unha enteira comunidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia