Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Gallegos por el mundo y anécdotas y episodios americanos
Morreu tan solitaria como soa pasou media vida. Estivo de noite e de día no tanatorio, que axudara a construír, agardando polo adeus dos que ela, con tanta dor, aflición e pena xa despedira. Non se lembra ninguén de cando foi o pasamento do seu fillo, de cando chegaron as desgracias todas seguidas e, para rematar de morrer, non sabía do pasamento do seu compañeiro de noite e de día, compañeiro para almorzar, xantar, cear e vivir. Agora, un destes días atoparanse no alén ou no esquecemento absoluto e reflexionarán sobre a nada. Chegarán á conclusión, a bo seguro, de que nada, como o todo, convértese de inmediato en “nada de nada”.
Aí estamos, amigos e paisanos, escoitando falar de todo e de nada, unidos todos e todos separados, agardando unha hora. Poida que sexa a que nos ata á chegada ou á partida. Aí estamos recordando a Neruda, “para que nada nos amarre/ que no nos una nada”. Agora, si que quedaches soa, compañeira de mil avatares. Quedaches soa despois de mil intentos literarios, de milleiros de coles plantadas e de miles de chourizos asados; quedaches soa na terra túa, onde chorabas polos teus que amabas e enterrabas.
Maldita cousa esta! Sempre pensando no mellor e o que se achega é cada vez peor, igual que na política e na gobernanza, “de mal en peor”, aínda que Farruco da Beira asevera que “nunca foi mellor”. Noutrora, os curas cantaban o responso en cada cruce do camiño que ía ao camposanto. Cantaban e cantaban ben, mentres os familiares e amigos do defunto choraban e pagaban, enchían aquela arca pechadiña cos cartos que non tiñan.
Ao entrar na igrexa, os cregos rían, rezaban e cantaban conforme ao que vían e, antes de rematar a misa, asentaban ben asentada, e ben á vista, unha fonte para recoller as ofrendas da paisanía. Daquela, os homes deixaban a cantina e, con todo o cheiro da augardente no alento, pasaban en ringleira por diante do altar onde estaba a fonte de contar. Todos contentos: “tomou nota a familia e o cura, a mística do lugar e aqueles que queren ser os donos do recadar”.
Ela non tiña quen contara a concorrencia. Foise discretamente soa por ese camiño, por onde ninguén aprende a andar e polo que, como di a Tía Manuela, tódolos ricos e todos os pobres, toda a humanidade anda ao mesmo paso, devagar e paseniño, con todo o tempo do mundo por diante, sorrindo para o recordo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Gallegos por el mundo y anécdotas y episodios americanos
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
La casa
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Televisión matinal
Jorge Ron
Al loro
Lo último
CONVOCA AL CONSELLO AGRARIO
Medio Rural pone fecha a la reunión con los tractoristas de Ourense: será este miércoles
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, martes, 13 de enero