Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Ositos
O exercicio do poder converte a algúns de quenes o ostentan en tipos convencidos de ser os únicos que poden resolver os problemas dos administrados. Nesa deriva chegan a crenza de que cando xa non queda outra solución que recorrer a mentira, tratan de vestila coa pátina de cousa verdadeira. Sen inmutarse. E así, o que literalmente non é outra cousa que capar dous traxectos do servizo de transporte urbano de Ourense, suprimíndolles parte do seu percorrido habitual, convértese a través do argumentario oficial en algo así como a introdución de “cambios para mellorar a calidade e puntualidade das líñas 14 e 22”.
O asunto non ten desperdicio, xa que seica o obxectivo de tal decisión é o de incrementar a “fiabilidade e a puntualidade”, que son “as demandas de moitos usuarios” toda vez que cos anos boa parte delas quedaron “obsoletas, e debido ás novas restricións de tráfico, facían moi complicado cumplir os horarios”. Toda a razón: eliminado o servizo xa nunca será impuntual.
A tarefa dos que mandan é resolver problemas non ocultalos recortando ou eliminando prestación públicas
Aparte de que a idea coincide con algunhas das deficiencias e reivindicacións que os condutores -e condutoras, claro- que manexan o transporte urbano de Ourense veñen facendo públicas periódicamente, sen que empresa nin concello se den por enterados ou apelen ao mantra de que a concesión está caducada. (Caducada estaba cando se mercaron autobuses de saldo -low cost, no léxico de vangarda- que restrinxen prestacións fronte ós de hai duas décadas, facendo incompatible a viaxe dunha nai ou pai cun bebé en silla, se dentro está alguén en silla de rodas). A tarefa dos que mandan é resolver problemas non ocultalos recortando ou eliminando prestación públicas.
As vítimas da actual situación son choferes e viaxeiros. Os primeiros porque, ademáis de non dispor dun baño a man durante toda a xornada, deben cargar coa frustración -cando non ira- dos usuarios, cansos viaxar como se fosen enlatados. O peor é que todo sucede porque aos responsables impórtalles pouco o que pensen e sufran os cidadáns, considerados como de segunda e condenados a asumir o maltrato como irremediable. Mentras, en cidades próximas ou apartadas disfrutan do que eiquí se nega. Deberíamos habilitar un sistema para ver como funcionan outras urbes do tamaño de Ourense ou máis pequenas, con menos recursos e orzamentos máis humildes, como a veciña Zamora, que vive nos últimos anos unha etapa de desenvolvemento armónico que nos fai sentir envexa. En tanto non nos chega ese momento, soñamos con torres de oitenta pisos ou con facer tascas dos museos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último