Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
No BenidormFest, coñecín ás Tanxugueiras e podo dicir que sentín unha fonda ledicia ó comprobar que veñen unhas mulleres que recollen o mellor da nosa tradición folclórica.
Apártanse e distínguense de aqueles grupos que se decantan por un folclore galego de badocos e titiriteiros. Elas son, pola contra, un grupo exquisito, pola calidade da interpretación e da súa coreografía. Son tamén exquisitas no sentido da diferenciación, mellor dito, na distinción da vulgaridade que moitas veces nos presentan como o auténticamente galego.
Sentín ledicia o escoitalas e velas, porque recordei ó Ballet Rey de Viana, creado por José Manuel Rey de Viana e dirixido pola súa dona, Victoria Canedo, que conseguiu situarse entre os cuatro ballet folclóricos máis importantes do mundo e que desapareceu tras ser cesada polo bipartito, alegando que o grupo “non responde á idea que ten da danza o novo Goberno galego”. Esa foi unha demostración da categoría cultural dos políticos en ese momento
Tamén están a altura da Real Banda de Gaitas da Diputación de Ourense, dirixida maxistralmente por Xosé Lois Foxo, vilmente criticado por recuperar os traxes do século de ouro de Galiza, o século XVIII.
No BenidormFest non venceron, pero é certo que convenceron. Esa é a Galiza que hay que desenrolar e defender, e non a outra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Lo último
AGRESIÓN A LA AUTORIDAD
Un detenido en Oleiros tras atacar con un arma blanca a un guardia civil
EL CAMPO OURENSANO TIEMBLA
Los agricultores anuncian protestas ante la subida “inasumible” del gasóleo