La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Estamos en tempo de magostos, que viven estas datas os días grandes da celebración máis popular -con permiso do entroido- na provincia de Ourense, coa festividade do San Martiño como data grande na cidade e unha decena de concellos veciños. No resto, a exaltación dos produtos do outono repártese arredor dos fins de semana do mes novembro. A castaña, o viño e o lume son elementos esenciais en cada magosto que se precie, si ben a evolución rexistrada ao longo do tempo fixo que a festa gastronómica incorporara ingredientes variados -chourizos, carne e outros moitos en menor medida-. Igualmente o viño, rei sen competencia na bebida ao longo da historia da celebración, comparte agora espazo con outras que foron adquirindo devotos e arraigo de xeito paulatino.
A participación convoca a todos: maiores, xoves e rapaces noviños, que teñen o seu tipo de festa e lugar axeitado ás suas condicións. Así, hai magostos populares masivos, organizados polos concellos; celebración por barrios, asociación veciñais, colectivos culturais, deportivos, grupos de amigos, peñas ou familias. Hai para todos. Ten mérito que, neste mundo tan individualizado no que andamos inmersos, polo menos unha vez ao ano tanta xente sinta a necesidade de compartir pitanza en armonía e bon humor.
A pitanza magosteira opera coma unha especie de convocatoria xeral á diversión arredor do lume (magosto sen el, case nin é), que os maiores plantan no patio da casa ou no espazo máis próximo axeitado, pero que os xoves levan ao monte facendo fogatas -canto máis grandes, mellor- que lanzan a inconfundible sinal de fume polos arredores da cidade, vilas e pobos, sobre todo se o tempo acompaña. A indesexable chuvia, se a houbere, reduce a participación, pero non achica ós máis atrevidos, aínda que teñan que valerse de lonas ou plásticos para habilitar espazos nos que resguardarse mínimamente da auga, se ben o improvisado cobertizo non garante chegar enxoito de volta á casa.
O resultado, xa se sabe. Os máis toman a axeitada decisión de non deixar que o consumo de alcol exceda os límites da sa diversión, perxudicando os corpos e a capacidade de disfrute, aínda que sempre hai unha pequena porcentaxe que salta o rubicón da cordura, pagando o prezo da inexperiencia ou de malos hábitos. Sexa precavido, pero non se acobarde, aproveite para disfrutar, que o San Martiño tarda un ano en volver e as castañas tamén. Eso si, se entona o Asturias, patria querida, que outro iniciou, teña conta que é momento de trasegar so auga.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último