Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Cada outono, as cepas comezan unha fase de “agostamento” para acumular reservas suficientes que permiten aos viñedos agromar na primavera, despois da parada invernal. Se a brotación é demasiado temperá, as xeadas primaverais poden acabar prematuramente coa colleita. Se é tardía, tal vez as uvas non consigan cantidade suficiente de insolación para unha correcta maduración. Así é a vida das viñas, e o devir de quen as cultiva. Sempre pendente dos ciclos e das habilidades para unha correcta explotación. E pendente do ceo, en que unha xeada inoportuna en tempos de San Marcos, San Pedro ou Santa Cruz ( marquete, pedrete ou crucete) pode tirar por terra todo o traballo realizado na campaña. Ou unha inesperada treboada en pleno mes de agosto, en que a sarabia, con pedras como garabanzos, pode deixar comprometida a economía familiar.
Por iso que as xentes do campo sempre miran ao ceo, non para invocar divindades, que tamén, senón para ver que pode caer de arriba. Xa non chega coas dificultades de certos traballos nesta viticultura que ás veces cualificamos de heroica, senón que depende de factores esóxenos que escapan ao noso control. Viñedos situados en zonas con gran valor histórico, cultural e enolóxico, moitas veces en socalcos milenarios con grandes dificultades de xestión e traballo, para sacar adiante un produto de calidade, diferenciado e que se poda vender xunto coa paisaxe, e a un prezo que cubra os custos e as expectativas.
Confirmouse a Lei de Murphy “se algo pode saír mal, sairá mal” e apareceu a crise do covid-19 que provocou un grande parón, pois o mercado fundamental destes viños está nas canles Hpreca (Hostelería, Restauración e Cafeterías) polo que chegaron tempos duros que poden comprometer a viabilidade e o futuro de moitos destes negocios.
A vendima está aí, e moitos homes e mulleres entregarán o froito do seu traballo ás adegas, sen saber canto van cobrar, nin cando. Unha incertidume máis no seu maxín que se repite ano tras ano, polo que moitos acaban collendo as maletas nun éxodo interminable. Chove sobre mollado.
Quizais deberamos apostar firmemente por un “Contrato Homologado” entre viticultores e adegueiros, co respaldo e tutela das administracións públicas que proporcione certezas neste mundo de incertezas. Por que non se trata unicamente dun problema económico senón social, nunha época especialmente dura. Para a pervivencia do rural son necesarias estas mulleres e estes homes ao pé das cepas, e non podemos deixar aos heroes desta viticultura en soidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
Fernando Román Alonso
TRIBUNA
O baldaquino de Oseira
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Henri Matisse (1869-1954)
Julián Pardinas Sanz
La curiosa falacia del comunismo democrático
Lo último
XENTES POPULARES
A forza da transmisión
ENTRE 5 Y 6 METROS DE ALTURA
Muere una persona al caer con su tractor por un terraplén en O Barco