La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Menos mal que este mes non ten vintenove días; é dicir, que non é bisesto; porque miren que leva un camiño! Dende que comezou, hai xa case dous meses, non presaxia nada bo…que lle imos facer. En calquer caso, non se preocupen moito. Non lles vou dicir nada dese dúo dinámico formado por Trump e Putin, entre outras cousas, porque non sei cal dos dous rasquea a guitarra e sospeito que a balalaica desafinará moito nas mans de calquera deles, iso por unha banda; por outra, que sei eu a de barbaridades, non que se me poden ocorrer a min senón a eles. Non lles hai máis que comprobar o número de erros vitais que levo cometido na miña vida como pra deducir, de contado, que millor estou calado.
A min dáme máis por axexar o meu entorno. Admirame ese comportarse colectivo que se delata adiantando tempos semellantes a outros e anteriores que, de xeito ben afortunado, xa se foron e que, madía leva, ameázannos agora co seu retorno. Sucede así sen máis que contemplar ó noso redor e ver que pasa; por exemplo, acórdanse das perreras? Agora volven ocupar as frontes dos varons e, por se non fora abondo, xa non se lles di perreras: dixelles flequillos e hainos de dous tipos; a saber, o que lle diriamos tipo capó, elevables coma os dos BMW, e mais os do tipo “cortiniñas”. Os dous pódense complementar, e se complementan, coas tempas ben rasuradiñas, tipo soldado. Recorden as fasquías dos actores cinematográficos interpretando películas referidas a tempos anteriores á segunda guerra mundial e saberán de que lles falo. Se o fan, se recordan a iconografía existente naqueles tempos e aínda noutros e posteriores, que me din que poderán anunciar eses bigotiños, perfilados e tenues que xa asoman por doquier? Nulla esthetica sine ethica ou, se mo deixan dicir que se entenda miña estética amosa a miña ética. Porén ha ser millor deixar que a imaxinación de cadaquén se entreteña na mesma perda de tempo na que me entreteño eu e, de paso, fagolles perdelo a vostedes.
Admirame ese comportarse colectivo que se delata adiantando tempos semellantes a outros e anteriores que, de xeito ben afortunado, xa se foron e que, madía leva, ameázannos agora co seu retorno.
Mentres pasa o tempo mentres nos empeñamos en contemplar os peiteados que hoxe adornan as testas dos varóns, as feminas van alixeirando os seus das complicacións de antano. Acordense os máis vellos da tribo, é dicir, os da miña quinta e outros de antes e despois dela, daqueles peiteados que lucían as mozas da nosa mocidade, aqueles cardados que se dirían voluptuosos, sostidos por nebulizacións de laca e doutros inventos ó respecto que hoxe xa desapareceron. Algo está pasando e, por elucubrar coma eu o estou facendo, ou non nos vai pasar nada, nin nada que vaia pasar deixará de facelo por moito que nos empeñemos; por certo, que me din desa perrera modelo tupé esmagado que loce o primeiro mandatario ianqui?
Ven sendo, tal perrera, coma a cuberta de despegue dun portaavións que o que leva a bordo son, máis ca avións, máis ca outra cousa ningunha, moscas coghoneras, tabaos, e outros bichos dotados de aguillóns causantes de dores insufribles por aqueles ós que ataquen.
Certamente vivimos tempos que anuncian outros ben duros. Todo sucedeu xa e todo pode volver suceder a pouco que nos despistemos. Europa constitúe un mal exemplo prás grandes potencias do planeta, o noso nivel de vida, a nosa sanidade publica, universal e gratuita, tamén o noso ensino (por moito que ambas se teñan deteriorado) as nosas liberdades públicas, son malos exemplos que lle complican a vida ós grandes creadores de riqueza nunca debidamente repartida. Ímolo deixar eiquí, non vaia ser o caso, afanandonos en marear a perdiz mentres campan ó seu aire os xabaríns.Xa ven que cousas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 21 de diciembre