Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Hai sectores económicos, cada vez máis importantes na Galiza, que están moi vinculados cunha estación do ano concreta, como é o caso do turismo (e polo tanto coa mobilidade, hostaleira, etc). Isto engade problemas ligados á temporalidade e á produtividade; que se suman á forte competencia internacional no sector. Por se non abondase, esta actividade está moi influenciada pola violencia armada, a conflitividade social, e a crise económica, tanto sexa porque estas alteracións se producen en países ou áreas receptoras como darse naquelas de orixe do turismo masivo. Polo tanto teñen un tipo de traballo moi extensivo en man de obra en determinados períodos do ano, con xornadas moi longas. E, desde hai uns anos están moi asociadas á entrada de man de obra inmigrante, orixinaria de países con condicións laborais peores, e/ou situacións sociais e políticas conflitivas.
Sen dúbida o sector turístico está tirando do conxunto da economía, con aspectos positivos, como se amosa no medre do emprego, e cando comparamos co crecemento do PIB doutros estados europeos. Por exemplo no ano 2024 o medre foi no Estado español do 3,2%, en Francia do 1,2%, en Reino Unido do 1,1%, en Italia do 0,7%, e en Alemaña do -0,2%. Agora ben: canto deste PIB é producido polo crecemento do turismo e canto pola entrada masiva de inmigrantes que se suma á povoación residente, co que isto implica de gasto extra nos servizos e prestacións públicas e de efecto adverso sobre o desemprego, pola suma dunha man de obra de reserva inmensa?
O turismo e a inmigración masiva implican un encarecemento da merca ou alugueiro da vivenda afectando especialmente á povoación desempregada
A patronal argumenta, neste e outros sectores, que non atopa man de obra polo que pide aumentar a oferta abrindo máis as portas á inmigración ou a contratala en orixe. Agora ben, neste intre está no paro un 11% da povoación activa que se considera residente na Galiza, ou sexa, sen ter en conta a inmigración irregular. Polo tanto: non será que as condicións laborais reais do emprego ofertado carece de todo atractivo, porque implica xornadas con moitas hora extras non pagas, ou contratos por xornadas moi reducidas ou por un tempo moi curto?... Os datos sobre a pobreza confirman a validez desta visión da realidade laboral, xa que segundo AROPE no ano 2023 a pobreza abranguía a un 22,8% dos nacidos no Estado español, un 35,2% dos que procedían do resto de Europa, e a un 60,4% dos que inmigraron desde outros continentes do mundo.
Porén, ademais o turismo e a inmigración masiva implican un encarecemento da merca ou alugueiro da vivenda afectando especialmente á povoación desempregada, mais tamén á que padece traballos precarios e baixos salarios. Ou sexa, sobre todo: á mocidade, á inmigración de países subdesenvolvidos, ás familias monoparentais... Sen dúbida nesta tendencia regresiva nas condicións laborais non se pode obviar o aumento da man de obra de reserva (por non planificar a emigración e inmigración con criterios de futuro), e buscar solucións económicas a curto e medio prazo á caída da natalidade (emigración da mocidade máis preparada, precariedade e baixos salarios). Ambos problemas van asociados á caída do salario real, ao medre da desigualdade, á precariedade, á pobreza...
Polo tanto, estes retrocesos e atrancos teñen unha relación directa co modelo económico e social, cun capitalismo destrutivo, esgotado, que non ofrece alternativas de futuro á maioría da sociedade, e moi especialmente á mocidade e ás clases populares. Un proceso de centralización e concentración da riqueza e do poder, dos que é un exemplo a caída da participación dos salarios no PIB, malia que a clase traballadora ocupada constitúe unha parte maioritaria (82%) cunha participación minoritaria no PIB (44%), en beneficio dun medre constante dos ingresos das grandes corporacións. Mais, todo ten un límite.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago