La Región
El derecho a morir
O adxectivo "agónico" procede do substantivo "agonía": "angustia do moribundo, estado que precede á morte", pero tamén, e antes, "loita, combate". Coma todas as palabras da súa familia léxica, vén en última instancia do termo grego "Agón", que era entre os antigos helenos o lugar do Olimpo onde se reunían os deuses, pero pronto significou tamén "loita, combate", dado o carácter pouco amigable que tiñan as relacións entre as divindades. De aí que no teatro clásico o "agón" fose o conflito dialéctico sobre o que se estruturaba a obra, o mesmo que "protagonista" era o que comezaba a discusión e "antagonista" o que se opoñía. Así, a relación entre os dous significados principais de "agonía" enténdese agora facilmente, pensando que quen "agoniza" mantén unha tráxica contenda coa morte.
Vén ó caso todo isto porque dous importantes intelectuais españois do século XX, Sánchez Ferlosio e Lain Entralgo, prestáronlle gran atención a este adxectivo que, na situación actual, talvez resulte obrigado recordar.
Sánchez Ferlosio diferenza entre un tempo consuntivo e un tempo agónico. O primeiro é o tempo da felicidade -o do xogo dos nenos, o do traballo creativo, o do amor...- no que cada instante se vive plenamente no seu presente, liberado do peso do pasado e da incerteza angustiosa do futuro. O segundo, que denomina agónico ou adquisitivo, é un tempo tenso, sen presente, no que cada instante só existe en función do pasado e do futuro: é o tempo das metas marcadas, o dos deportes de competición, e tamén o característico da historia; un tempo que pode traer satisfaccións, pero nunca a felicidade. Dicía Hegel que a historia non era terra propicia para a felicidade; e remacha Ferlosio que tampouco o é a vida entendida coma unha competición. A ideoloxía competitiva en calquera ámbito, o culto da excelencia, a preparación intensiva para ser os mellores, a cobiza por ser os máis ricos,... Trátase de “valores” que, entendidos como absolutos, converten o tempo en fundamentalmente agónico, conflitivo e infeliz.
Laín Entralgo, que formou con Unamuno, Ortega, Américo Castro e Sánchez Albornoz o grupo de autores que máis indagaron no problema do ser e da natureza de España e dos españois, escribía en 1997, con case noventa anos, un magnífico ensaio que levaba por título de “El sentimiento agónico de España”. Comezaba lembrando un soneto de Quevedo: "Miré los muros de la patria mía,/ si un tiempo fuertes, hoy desmoronados,/ de la carrera de la edad cansados,/ por quien caduca ya su valentía/...", que fora escrito en 1643, cando o poeta, vello, desenganado e perseguido, asistía o declinar de España: o Corpus de Sangue e a guerra de Cataluña, a rebelión e separación de Portugal, a paz de Westfalia... Despois repasa Entralgo o sentimento agónico na España de finais do XIX e principios do XX, en Menéndez Pelayo, en Unamuno, en Ortega, en Machado... Pero en ningún dos dou casos, advertía, España acabou fenecendo. Agora ben, na conclusión escribía: "En el siglo XXI, ¿qué va a ser de España? ¿Se producirá en ella una paulatina desintegración? ¿Se alcanzará la realidad de una nueva y más satisfactoria convivencia? España vive y, en determinados aspectos de su existencia, vigorosamente. Pero ¿hacia dónde va? Yo no lo sé.".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
El derecho a morir
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Todo por Ourense?
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Cadaquén, da súa casa
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El desembarco de Simón
Lo último
DISEÑO LOCAL
La solidaridad está de moda en Allariz
NACIONAL SUB-18
Dos oros nacionales para el atletismo ourensano
ACTIVISTA IRANÍ
Los nobel exigen liberar a Narges Mohammadi
"ACCIDENTE LABORAL"
Las asociaciones de la Guardia Civil estallan contra Montero