Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Traballadores e tamén consumidores
DENDE SEIXO-ALBO
Despois de escoitar na boca de determinados líderes da dereita falar de “mafia sindical e de terrorismo sindical” xunto a outras lindezas referíndose á folga xeral vivida hai uns días, como moitos cidadáns fágome unha pregunta: que sería das empresas e os medios de produción se non houbera traballadores que fan camiñar e producir á estas e á vez son consumidores? Poderían seguir existindo? Poderán as maquinas substituír na súa totalidade ás persoas? Entendo que estas preguntas ben merecen unha pequena reflexión.
Vivimos nun mundo complexo no que ningunha das partes ou sectores que o conforman poden existir illadas dado que se necesitan, polo que tampouco poden ser excluída a parte social, dado que cumple unha doble función. As diversas ideoloxías loitan por impor o seu proxecto ideolóxico para, en teoría, mellorar a nosa existencia. Mais, co paso moitas xeracións, a sociedade ten a experiencia de que toda ideoloxía, por moi boas intencións que reflicta nos seus principios, levada ó extremo xera abusos que crean desigualdades e indefensión dunha parte maioritaria do seu tecido social.
Exemplos hai abondo. Nos países comunistas, a aplicación da ideoloxía que pretendía todo dentro do Estado creou unha clase dirixente que vivía con prebendas para manter un sistema que afogaba as liberdades e a millóns de cidadáns. O seu fracaso levouno case á desaparición. Pola contra, a economía liberal predica que todo debe estar fora do Estado. Ou sexa, todo debe ser regulado pola lei da oferta e da demanda sen que ningún poder público interveña nesta cuestión.
Mais os anos vividos demostran que cando non existe un contrapeso que equilibre estes espazos ideolóxicos, todo o poder queda nas mans dos poderosos, sendo a parte social sempre a prexudicada. Velaí dous sistemas contrapostos que hoxe se enfrontan no mundo. O primeiro está eliminado case na súa totalidade. Xa non quedan países que o manteñan, coa excepción dunha Cuba en suma pobreza e de Corea do Norte, un Estado ditatorial militarizado, e unha China que dentro da ditadura optou polo capitalismo.
Acaso xa perdemos a memoria e ninguén se lembra dos avances sociais que nos trouxeron ata os nosos días as xentes que loitaron polos dereitos sociais?
O liberalismo con certas intervencións dos Estados campa hoxe en case todo o mundo. O exemplo: a motoserra de Milei, admirada á calada pola dereita española é aplaudida polos seguidores de Trump xunto coas súas marcas brancas no noso Estado. E diante esas dúas ofertas navega o mundo a día de hoxe. Por un lado, no noso Estado está o liberalismo feroz que ten como primeiro obxectivo controlar os servizos públicos importantes, como a sanidade, a educación e outros, para logo, dende a óptica da privatización, gañar cartos e rematar co Estado de benestar. Todo deixando a parte social, ó igual que acontece nos EEUU, nas mans de corporacións que soamente buscan o negocio sen máis.
Partindo desa afirmación, pódese extraer a conclusión de que, vivindo nun espazo onde, salvando casos concretos de servizos, o liberalismo económico está inmerso na sociedade, é necesario un contrapeso que defenda á parte social para manter un equilibrio entre esas dúas partes. E por iso os partidos e os sindicatos están recollidos no texto constitucional como algo básico na nosa sociedade. Todo o mundo sabe que a día de hoxe os traballadores e xubilados tamén son, somos, consumidores. Polo que o exabrupto de mafia sindical non ten cabida nas declaracións dos que aspiran a gobernar.
Acaso xa perdemos a memoria e ninguén se lembra dos avances sociais que nos trouxeron ata os nosos días as xentes que loitaron polos dereitos sociais? Pois foron os sindicatos. Pode que, como vivimos no tempo do insulto, todas estas declaracións altisonantes soamente busquen o titular da prensa. Con todo, unha cousa debe quedar moi clara: nun mundo gobernado pola libre empresa ou polo capitalismo, a necesidade dunhas organizacións sindicais fortes é total. O diálogo entre estas dúas partes, a empresariasl e a social, é moi importante.
En fin, neste momento debe quedar moi claro que se as empresas necesitan traballadores para producir, deben entender que tamén os traballadores e as súas familias son consumidores, polo que é necesario o acordo que fuxa da imposición deixando fora os insultos e as descualificacións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Traballadores e tamén consumidores
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Non se entende
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El piquete electoral
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
De Gaspar a Pensilvania: a historia esquecida de Antonio Guede Quintas
Lo último
JUNTA EXTRAORDINARIA DE ACCIONISTAS
La empresa minera sueca Eurobattery solicitará un examinador independiente
INCIDENCIAS RECURRENTES
El drama de Vilamartín tras los arrastres: ni agua ni luz