Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Abono único del embuste
TÍA MANUELA
O noso é un país que foi de emigrantes. Moitos sabemos como golpea no corazón de cadaquén e na alma do pobo ese duro mazo da fame e da miseria, que obrigaba á nosa xente a arrear polo mundo, na procura dun anaco de pan para facer sopas con auga quente e sen unto, como levaban as que comían na casa, unha vez ao día ou cada segundo día. Emigraron milleiros, miles de milleiros dos nosos galegos que, cunha man diante e outra detrás, foron a establecerse e traballar onde podían. Foron polo mundo adiante e moitos non puideron volver.
Segundo escribe José Ramón Campos, entre 1885 e 1930, uns novecentos mil galegos emigraron a países de América, “máis do cincuenta por cento da emigración española”. Embarcaban nos portos da Coruña, Vilagarcía-Carril ou Vigo e facían a travesía en condicións difíciles, moitos deles non sabían a onde se dirixía aquel barco enorme, máis grande que calquera das casas do lugar que deixaban. Ían para Cuba, Porto Rico ou México, para Brasil, Arxentina e Uruguai, para onde estivera un veciño agardando a chegada. Para aqueles países que querían man de obra barata de xente traballadora, para os servizos, para a industria e para o que fose.
Cando se presenta a crise mundial de 1929, con aquela redución do comercio, mingua tamén o fluxo migratorio e establécense controis da emigración. Sobre as orixes daquela crise, algúns estudosos atribúena á superprodución e hai quen pensa que foi provocada polas desigualdades sociais, ao existir unha numerosa clase traballadora mal pagada e, xa que logo, sen capacidade adquisitiva. Os actuais lideres sociais e políticos deberían repasar a historia, para non repetir erros que poden costar caros, outra vez máis.
A emigración galega, ata xa ben entrado o século vinte, era maioritariamente masculina. A nosa sociedade tiña unha estrutura sexista e as mulleres deberían ir acompañadas dun familiar ou seren reclamadas dende o país de destino. Eran aqueles tempos. Por certo, parecidos aos tempos dos inmigrantes que se achegan agora a Galicia ou a Europa. Os galegos que marchaban, moitos deles analfabetos, tiñan unha idade media entre dezaoito e vinte anos, máis ou menos, como os inmigrantes de hoxe. Neste caso, a Tía Manuela entende que “é necesario o respecto mutuo, traballo e salario”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Abono único del embuste
Lalo Pavón
O AFIADOR
A presunción de inocencia
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
Lo último
CRISIS EN EL GOBIERNO
Yolanda Díaz: la insoportable e imprudente levedad de su ser
CORRUPCIÓN EN EL PSOE
El TS revisará el 15 de enero si mantiene a Ábalos en prisión
DERROTA EN EL PAZO
El Gipuzkoa es tóxico para el COB (77-89)