Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Levamos anos, décadas xa, fiando boa parte do futuro desta nosa terra ao papel do tren da alta velocidade, tal vez pensando que xogaría, como noutros lugares, un efecto palanca ou locomotora económica, servindo de dinamizador social movendo xente dun lado para outro, con millóns de persoas desprazándose polos camiños de ferro na ruta á modernidade.
Ocorreu que o globo daquel soño rompeu hai moito tempo. Os prazos que sucesivos gobernos e dirixentes políticos ían anunciando para a sua posta en marcha tardaban en esvaerse o que dura un xeado enteiro pola rua no verán: o tempo dun café na Galicia máis fresca e un soplo en Ourense e parte de Pontevedra. De cando en vez inflábase outro, xeralmente coincidindo con periodos preelectorais, con pronunciamentos solemnes anunciando a data da posta en marcha do AVE a Galicia e en Galicia.
Un día chegou, capado e tres décadas despois da inauguración da línea Madrid-Sevilla, que no abril de 1992 unía as duas cidades en duas horas e cuarto. (Sen solución de continuidade, seguiron os traballos para implementar os desprazamentos rápidos cara Granada, Málaga, Cádiz e Huelva, de xeito que nun ano empezaron a funcionar trens entre Sevilla e as mentadas urbes, a modo de solución transitoria ata a incorporación do AVE). Os primeiros traballos da alta velocidade en España empezaran a mediados dos oitenta para unir Madrid e Barcelona, coa idea de chegar a Francia, pero en 1988 abandonouse a idea de forma tallante para construir a xa mentada de Andalucía, que estivo lista en catro anos¡, catro.
O tramo de Seixalbo tardará cinco anos, como mínimo, en funcionar; a variante exterior, nin se sabe, e o proxecto de ancho internacional de vías igual voa como no seu día o fixeron outras iniciativas
Nese longo lapso de tempo, o proxecto da línea entre Madrid e Ourense foi dando tumbos e sufrindo sucesivas capaduras dos gobernantes de turno, e durmindo en armarios e caixóns ata ser rretomados anos despois a contagotas ou, tamén -algúns- desterrados por caros (doble vía completa, proxecto de Foster en Ourense…), cando noutros lados non se chorou un can, de xeito que trinta anos despois chegou, pero manco e sen poder pasar ao resto de Galicia. A cousa non acabou e non pinta ben. O tramo de Seixalbo tardará cinco anos, como mínimo, en funcionar; a variante exterior, nin se sabe, e o proxecto de ancho internacional de vías igual voa como no seu día o fixeron outras iniciativas. Poidera suceder, incluso, que si Portugal mantén o ancho ibérico, o Goberno español decida castigar a Galicia sen o internacional para beneficiar o proxecto luso (que non se sabe cando estará listo). Igual, como sempre, en vez de falar do tren do futuro sigamos falando só do futuro do tren.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras
Lo último
"MIEDO, ANGUSTIA Y DOLOR"
Entre la ilusión de los niños ourensanos y el estrés de los renos en trineo
PRIMERA DERROTA EN EL PAZO
El COB paga carísimo un mal primer cuarto ante un Gipuzkoa muy acertado (77-89)