Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
ARTE ET ALIA
Eis desta volta, coa a inspiración centrada na arte primitiva, lato senso, e tamén na arqueoloxía funeraria, como a artista ourensán Teresa de la Paz Grande Zúñiga-Taboada (Ourense, 1972) segue amosarmos o seu fondo de armario artístico en Tzantza, e nela TT danza doutra volta coa súa música envolta nun baile fulcral, feliz, exhibindo músculo plástico, e abano de intereses, na cidade dos seus amores. Así na Galería de arte Dodó Dadá. Trala recente Zeit, magna mostra do seu lume artístico e tamén carraxe e dor persoal, que puidemos contemplar nesta pasada primavera na sala 2 do CCMV, o Centro Cultural da Deputación, no que a artista deunos a coñecer o seu mundo pictórico-escultórico, expresándose tamén en instalación, como aquí. Na galería hai pezas vistas na sala institucional, caso dos bronces de cabezas con tres ollos, os cranios de animais ou unha manda de cans atacando, co que nos está a indicar unha dirección, ou teima. Esta insistencia é máis que un continuum pois a artista afonda no eido escatolóxico, facendo unha investigación da morte en culturas antigas, para exhibir en sala ao xeito museolóxico formas de enterramento da América precolombina. Así as momias do Perú preincaico dos Chachapoyas, con sudarios, e restos animalísticos suspendidos, e outras deitadas e con ofrendas. Taboada foille dando verosimilitude ás pezas co atrezzo nunha actuación de reprodución dos achados expostos nos museos. As cabezas cortadas comparten sala co busto de Nefertiti en pintura, e un busto ao pé. A relevante obra de mediados do século XV a.C., achádeo de Borchardt en 1912 no taller do escultor real Tutmés en Amarna. Está comisariada por Fernando Barreira, quen definiu á artista como huaquera del alma, antropóloga de sí, arqueóloga de los otros.
E unha tarde, a Dodo Dada programou a presenza do grupo Buxus Ensemble, que interpretou obras musicais de William Byrd, renacemento inglés. Ilduara Perianes puxo voz como soprano, sendo os sons musicais de Laura Ibáñez, Roberto Coya e Francisco Victoria Cánovas, frautas de pico, e Nerea Casanova con viola da gamba, concerto iniciado por All as a Sea e finalizado coa elexía á morte de Thomas Tallis, acción que resoou nas asombradas paredes da sala. Xosé Poldras, sobranceiro artista e gran gravador, namentres, fixo dous gravados. E en comuñón co momento seleccionou dúas entre varias matrices, escollendo imaxes e cores, o que ven sendo unha performance en directo. Diante colocou terracotas no espírito da sesión, no que flotaba un ar mariño, que todos navegamos na vida, que é a mar, e somos barcos empurrados que se baten coas ondas e as rochas...
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
El Gobierno retrocede y trocea
Lo último
IMPACTO AMBIENTAL
El BNG lleva la mina de A Gudiña a las Cortes
MÁXIMA PRECAUCIÓN
Galería | Las lluvias anegan los campos de A Limia y arruinan el cereal
SEGUNDA FEDERACIÓN
Parrilla, de la UD Ourense: “Creo que podemos aspirar a algo más”