Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
TÍA MANUELA
Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daqueles cuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da “mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na construción, plantando pinos e arranxando estradas, acordou volver a Ceuta, para atender a cantina daquela muller moura que lles daba de beber aos soldados galegos e que lles permitía cambiarse de roupa nun cuarto escuro, por detrás mesmo do mostrador, entrando, á dereita.
A dona da cantina, a “patroa”, acolleuno con moito gozo, deixoulle as chaves, a neveira, as mesas e as cadeiras para que puidesen seguir sentándose os soldados que chegaban, con cara de sufrimento, en cada unha das quendas. El vía a aquela terra como africana, como un anaco doutro continente, pero por ela daba a vida, pola terra e pola xente, moura ou branca. Xa nos anos sesenta do século pasado, cando se constrúe a Biblioteca de Ceuta, un grupo de profesores mozos achéganse á cidade para traballar no ensino e para organizar o futuro.
A taberna de Marcial era o lugar de referencia para aquela xente nova
A taberna de Marcial era o lugar de referencia para aquela xente nova, intelectuais que facían o seu traballo e permanecían felices, ata que aprobaban as oposicións e obrigatoriamente marchaban, deixando unha herdanza rica, con valores extraordinarios e reforzados por algúns dos soldados aos que lles tocaba facer alá o seu correspondente período militar.
Quen organizará agora o futuro desta cidade? Despois de tanta desfeita, de tanto despropósito, de tanto engano e de tanta reviravolta, ninguén sabe que aconteceu en Ceuta neste verán. E, aínda máis, ninguén é capaz de dicir nada sobre esa inxente cantidade de humanos mortos, deses mortos que mataron. Cantos foron?
Se Marcial da Devesa estivera vivo, coa axuda da súa dona e dos clientes da taberna, contaríaos a todos e todos terían un enterro digno, probablemente civil, e cos seus nomes gravados nunha lápida monumental, disposta para ser lida dun lado e do outro da fronteira. Unha lápida para interpretar hoxe e para a memoria.
Cómpre recordarlles aos que mandan, en Marrocos e en España, que falen e que se comprometan a respectar os dereitos humanos, que -como di a Tía Manuela- “son os dereitos de todos, dos negros e dos brancos, dos que andan no mar e dos que están na terra”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Su nombre no era para esa lápida
CUENTA DE RESULTADOS
De Cos y Knot, favoritos para el BCE
Victoria Lafora
La puntilla
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 2 de noviembre
DOBLETE DEL OURENSANO
Martín Lamelas lleva al Arenteiro hasta el triunfo ante el Celtiga (2-0)