Miguel Michinel
TITNA DE VERANO
Siete vidas
PINGAS DE ORBALLO
Xa me habituei á claridade do día. Levaba encerrado vinte e sete anos, como Nelson Mandela, na máis completa escuridade. Absoluta escuridade. Nin unha abertura, regaña, físgoa, nin un raio. Mesmo cando abrían a xanela para deixarme a comida, non se reflectía no interior nin o máis mínimo resplandor. Ante isto, entendo que estaría encerrado nun soto demasiado profundo.
Como cheguei alí e a esa situación? Nin eu mesmo o sei. Só recordo que unha noite deiteime na cama da miña casa e, cando espertei, estaba nesa habitación, ou habitáculo, ou foso, ou zulo, ou como se lle queira chamar. En completo silencio. Na máis absoluta escuridade.
Non coñecín a ninguén e tampouco me deron nada para matar o tempo
Non coñecín a ninguén e tampouco me deron nada para matar o tempo. Alí quedei, tombado no xergón fedorento, con apenas tres metros para pasear.
Ó principio quixen contar os pasos que daba, porque pensaba que o meu encerro sería efémero. Pero, vendo que aquilo seguía e seguía, deixei de contar. Xa perdera a conta varias veces.
Os días transcorrían no xergón, paseando, sentándome e berrando. Berrar, berrei moito. E non para chamar a atención, senón para liberarme da miña carraxe, da miña impotencia, da miña pena. Berraba tamén porque sempre me gustou berrar. E cando non berraba, asubiaba.
Asubiaba sempre o mesmo tema.
E do mesmo xeito que aparecín nese cuarto sen saber como, tamén aparecín de novo na miña casa sen saber como me levaron. Aparecín hai dous dúas.
De aí que aínda me estea habituando á claridade do día.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Michinel
TITNA DE VERANO
Siete vidas
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Dous días
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Os dereitos de todos
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La ley de nietos
Lo último
La Región
Soliloquio luctuoso
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
¿Quién dice la verdad?
AYUDAS ESTATALES
El PP reclama los fondos para zonas de vivienda tensionada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 16 de septiembre