La Región
Sempiterno engaño
Xoguei co tempo unha partida de cartas, na que arrastraba a memoria e cantaba os recordos. A memoria, agora, xa é bastante efémera; pero algo sempre queda. Canto máis afastada, mellor recordada. Canto máis recente, a concentración xa non é a que era. Na partida, cando trunfaban espadas, simulaba aquelas batallas por entre as toxeiras da nostalxia, alá polo monte de Pinouzos, mentres as vacas pacían o pouco que había ou rumiaban a velas vir. Loitaba contra as hostes imaxinarias e, ó derrotalas, empezaba un simulacro co meu can Uriarte. Simulacro que, por veces, era tan real que, nunha arroutada, fincábame os dentes en algún brazo, ou onde cadrase.
E cos bastos... cos bastos volvía a batalla dos golpes.
Cos ouros botaba ás boleiradiñas polo barranco de Barricobos. Tamén cortaba un mangado de fentos para que me fixeran de colchón ou de carrasco e tirábame polo penedo máis grande do barranco. Á beira deste déuseme por cicelar, alá polo 1976, o escudo do Real Madrid. Agora teño a mesma proporción de antimadridismo como, antes, a tiña de fanatismo merengue.
Seguindo co ritmo da partida, ó xogar as copas, non sabía como facer: se arrastrar ou deixarme perder. Era e son tan abstemio que nin o debuxo nin o nome das copas eran santo da miña devoción. Ata prefería non levar ningunha copa, incluso cando fosen trunfos.
E cos bastos... cos bastos volvía a batalla dos golpes. Fentos por aquí, herbas por alá, salgueiros por todos os lados. Devastación total. Aí ata o Uriarte me contemplaba desde a distancia. Non fose o demo que un golpe de bastos o alcanzase.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
FOGAR VIVO EN OURENSE
El programa “Fogar Vivo” abre convocatoria anual
MONASTERIO DE SAN ROSENDO
El histórico grafiti de las Mocidades Galeguistas borrado en Celanova será restaurado
INFLUIDA POR TEMPORALES
Previsel llega a su edición 19 con más de 50 acciones en Ourense