Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Leer "Sin velo"
DIARIOS DO PASADO
Coa festividade dos Reis Magos damos por concluído o Nadal. Cando estean a ler estas liñas xa pasaron cinco días da sixilosa visita das súa máxicas maxestades. Pero aínda a tempo pasado, non quixen desaproveitar unha oportunidade como esta para falarlles sobre un vestixio arqueolóxico romano situado na Ribeira Sacra luguesa, moi próximo de Ourense: o sartego de Temes, en Carballedo, Lugo. Nel está representada a escena da adoración dos Reis Magos.
A adoración tamén se denomina epifanía. Nela deus mesmo adoita presencia humana na forma de neno e dáse a coñecer ante os magos. Así o di o Novo Testamento, que histórica e culturalmente enmárcase na relixión e tradición xudía. Dende ese punto de vista os magos de Oriente son xentís, é dicir, infieis, non xudeus. Son sabios e magos que segundo escribe Jaime Delgado en 2008 sobre o relevo medieval dos Reis Magos de San Xoan de Camba, aparecen citados no Evanxeo Armenio da Infancia, un texto apócrifo escrito no s. VI. En efecto, o capítulo XI concreta que eran tres: Melkon, rei dos persas, Gaspar, rei dos indios e Baltasar, rey dos árabes. Di ademais que “As tropas de cabalería que os acompañaban, sumaban doce mil homes, catro mil de cada reino” e que “todos chegaron por orden de Deus…”. Dende este punto de vista, a epifanía ante os magos pode estar representando simbolicamente a salvación universal a través do cristianismo, e non só para o pobo xudeu. Tampouco debemos desbotar outro significado alegórico: o trunfo da relixión sobre a maxia e por riba doutras crenzas, sobre saberes ocultos, ou o que é o mesmo, a vitoria do cristianismo sobre as artes astronómicas e adivinatorias, manifestando a presenza encarnada de Deus ese trunfo sobre os pagáns, agora rendidos ante o Neno e convertidos á nova fe.
Pero volvamos sobre o sartego de Temes. Probablemente labrado entre os anos 312 e 325 con mármore pentélico ateniense, procedería dun hipotético desaparecido mausoleo romano que tamén cita J. Delgado. Os fragmentos do sartego hoxe adornan a igrexa de Temes e nel recoñécense tres escenas bíblicas moi recorrentes na arte dos inicios do cristianismo: Xonás e a balea, Adán e Eva no Paraíso e, a que hoxe nos interesa, a adoración dos Reis Magos. En canto á iconografía, a adoración aparece posiblemente na segunda metade do s. II nunha pintura da catacumba Priscila, en Roma, trasladándose despois aos sartegos. É quizais a representación artística máis antiga da profecía que anunciaba a chegada do Mesías. No sartego de Temes o relato bíblico céntrase na adoración, cos magos prostrados ante o Neno ofrecéndolle os regalos. Aparece a Virxe sentada de perfil co neonato no colo, presentándollelo ao Magos. Estes en procesión e acompañados dos camelos, portan as ofrendas que Xesús acepta estendendo os brazos. Non amplío máis a descrición dunha escena que poden visitar cerca de Ourense. Pero si destacar a importancia deste sartego, pola calidade do material e a coidada execución, ademais de aparecer nesta esquina recóndita do imperio cunha cronoloxía relativamente temperá, os inicios do s. IV. Debemos tamén valorar a súa importación á Gallaecia, así como a probable existencia dunha comunidade cristiá consolidada neste territorio tan próximo a nós.
Sei que como foron bos os Reis trouxéronlles moitos presentes, unha vella tradición sustentada por vestixios arqueolóxicos como o sartego de Temes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Leer "Sin velo"
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El músico policía y Carlos Barros
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El piso de cemento uniforme
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
La fiesta es el 19 de julio
Lo último
SEPULTADO BAJO ESCOMBROS
Vídeo | Así fue el momento en el que se derrumba un edificio en Valencia en apenas minutos
COOPERACIÓN EUROPA - LATINOAMÉRICA
Feijóo posa en foto de familia con conservadores europeos y latinoamericanos y Tajani lo sitúa como próximo presidente