La Región
Unha sociedade moi polarizada
Nos últimos anos, e especialmente a pos da pandemia da covid-19, estase a repetir un discurso dende os medios de comunicación, que a súa vez vese repercutido pola sociedade, a hora de falar sobre a división ideolóxica en España.
Tal mensaxe versa sobre a polarización que se está a dar nas familias, nos grupos de amigos ou dos compañeiros do traballo e, en xeral, no conxunto da cidadanía por mor de cuestións políticas. E falo de polarización e non de politización, xa que esta última é esencialmente unha condición do ser humano.
Así pois, moi seguida é a postura de criticar o emprego de calquer altavoz para lanzar unha mensaxe política, coma pode ser un campo de fútbol, unha serie de televisión ou unha gala de premios, motivándose tal comportamento coa frase “Non se pode mezclar política con isto”.
Pois ben, lamento dicirlles a todas esas persoas que a política sempre vai estar mezclada con, prácticamente e cada vez máis, todo-los ámbitos persoais de cada un, porque en maior ou en menor medida estos depende de aquela.
Unha vez feita esta paréntesis, volvamos á cuestión principal. Realmente estamos tan polarizados? E se así é, A que causas se debe?
A crispación social e política son dous feitos impepinables, debido, creo eu, ao agravio de certas situacións nos últimos tempos.
A inflación, o aumento da pobreza, as sumas dificultades á hora de acceder a unha vivenda, sumados á incompetencia política que se está a vivir en España fan un cóctel idóneo para que os cidadáns tendan cada vez máis ao extremo nas suas posturas, se ben é certo que tales extremos poden estar máis achegados do que en apariencia pode parecer. Pero mellor imos deixar esa análise aos politólogos.
Mentres se están a dar tales situacións, o pobo non fai máis que fragmentarse, xurdindo así confrontacións que, lonxe de solventar os problemas que todos estamos a padecer, agrávanlos, perpetúanse así no tempo.
A escasas horas dunhas novas eleccións xerais, non está de más facer unha autorreflexión para ver se estamos apuntando realmente ben á base dos nosos dilemas ou se estamos indo en dirección contraria, nun acto de inmolación no que non só acabaremos con nós mesmos, senón tamén cos que van ao noso carón.
Martín Gómez Díaz (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 28 de noviembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 28 de noviembre