Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Si, uns e outros. Por unha banda os de ETA e pola outra a UPG. Os primeiros están a saír do cárcere, os asasinos etarras, moitos sen cumplir as condeas que lles foran impostas no seu día. Urrusolo Sistiaga, o asasino que fora condeado a catrocentos anos e que somentes cumpliu dezanove. Felipe González dixera logo dun atentado terrible: "Vanse pudrir no cárcere cando os collamos". Non ten dotes de adiviño o que fora presidente do Goberno de líder do PSOE.
Agora saiu o "mandeliña", Arnaldo Otegui "el Gordo". "Un home de paz", según dixo Zapatero. Otegui, terrorista que ata secuestrou e dirixiu a banda asasina, que agora é recibido en olor de multitudes, e que quere ser dentro duns anos o lendakari vasco. "Cousas veredes, amigo Sancho".
¿E por que deixaron de matar os de ETA? Porque Patxi López, hoxe presidente do Congreso dos Deputados, con Eguiguren –que maltratou á súa dona-, e polo pacto que o nefasto Zapatero, en Loyola (Vizcaya), ofreceu "unha saída pactada". Deixar de matar pra ser legalizados como partido político e se poder presentar aos comicios. Inda que o PNV e Podemos rebasounos nas eleccións vascas. Claro que os da coleta teñen no seu programa os referendums vasco, galego e catalán.
E eiquí na nosa Galicia, que conmemora os 130 anos do nacemento de Alfonso R. Castelao, está o Bloque Nacionalista Galego, que segue pilotado polos upegallos. E que vai seguir a sangría de que fuxan moitos que estaban con iles: o grupo de Aymerich, Anxo Quintana…, que gostarían dun BNG máis aberto e non tan pechado como o que desexa a UPG. Xa que istes últimos teñen medo a se contaxiar polas Mareas, pois hai españolistas como Esquerda Unida e Podemos. Pois, ou moito me equivoco, ou vanse ir tomar o fresco, iles soios: os purasangues galegos. Como se os demais que amamos á nosa Terra non foramos galegos de nación! Que asemade fai moito que exercemos.
P.D.: En Podemos xa escomenzou o desentendemento. Íñigo Errejón enfróntase a Pablo Iglesias. Carolina Bescansa, que casara na Catedral de Compostela e tivera o banquete no Hostal dos Reis Católicos, relega ao da coleta pra impor a Irene Lozano. Pois como dixera o alemán Konrad Adeanuer, na vida "hai enemigos, enemigos mortais e compañeiros de partido". E inda non tocaron pelo, pois cando o fagan apareceranlle a Pablo Iglesias os compañeiros do partido espetándolle: "¿Qué hay de lo mío?"
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago