Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Campaña sin techo
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Nesta ocasión atopamos a Xesús sanando á sogra do apóstolo Pedro. A primeira consecuencia que podemos sacar é que Pedro era unha persoa casada. O evanxelista Mateo fala da sanación pero non deixa aí a cousa. Outros doentes de enfermidades foron atendidos por Xesús e sanaron no momento. Entre eles persoas que tiñan espíritos inmundos que posuían ás persoas. Ante a presenza do Unxido de Deus os espíritos obececían ao mesmo tempo que declaraban que era o Fillo do Altísimo. Xesús non quería que fixesen esa declaración pública relativa á súa identidade. A razón é diferente en cada caso, pero El nunca tapou ser quen era e en realidade, manifestouse como Mesías que significa Unxido de Deus. No antigo testamento aprendemos que só os reis, profetas e sacerdotes era unxidos. Xesús é Rei de Reis, profeta de Deus e Sacerdote segundo a orde de Melquisedec.
El mesmo tomou as nosas fraquezas e levou as nosas enfermidades. (Mateo 8 :17)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Campaña sin techo
Manuel Orío
RECORTES
¿De qué lado estás?
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Derecho al Retiro
La Región
Envases
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 1 de octubre
SEGUNDO TRIMESTRE
La deuda de Galicia supera el umbral de los 13.000 millones