Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
Cómpre recoñecelo: o catálogo de pecados capitales da Igrexa Católica parece máis desfasado ca un televisor de tubo ou ca un disquete de 5 pulgadas e media. A luxuria, a gula, a preguiza... son parte da propaganda do paquete vacacional de “todo incluído” dos “resorts” canarios ou caribeños. Por iso, urxe actualizar a lista de vicios, porque os novos pecadores xa non chegarán ao inferno cheirando a xofre e verdes de envexa, senón coa pel estirada como un tambor, cunha tarxeta de crédito opaca con cargo a algunha institución, ou cheirando a ácido hialurónico e a xampú para cans.
Algo tratou de facer o Vaticano en 2008 cando o bispo Gianfranco Girotti, presentou unha nova lista de “pecados sociais” para engadir aos capitais. Pero eran cousas moi xerais como promover alteracións xenéticas, a investigación con células madre, a contaminación do medio ambiente, a riqueza excesiva, a drogadicción… A verdade tivo aínda menos éxito cá lista dos sete pecados sociais que Gandhi gravou na súa tumba (política sen principios; benestar sen traballo; pracer sen conciencia; coñecemento sen virtude; comercio sen moral; ciencia sen humanidade; adoración sen sacrificio).
A soberbia de antes consistía no desexo desordenado de ser preferido a outros. A de agora, en crer que podes ter a pel de 18 anos tendo 65, nos retoques estéticos infinitos, no narcisimo nas redes sociais e no gasto disparatado nas perfumerías.
Si. Hai que actualizarase. Se antes o pecado era non darlle de comer ao famento, como nos indica unha das obras de misericordia corporais, o pecado moderno é que gastes máis na comida do teu can que en convidar con humildade e discreción a quen o precise. O mercado global do coidado de mascotas move xa máis de 320.000 millóns de euros ao ano no mundo. Só en España, o gasto medio por mascota supera os 1.200 euros anuais entre pensos “gourmet”, perruquería e eses abrigos de marca que o bicho nin pediu, nin precisa. Os orzamentos do Programa Mundial de Alimentos, non chegan nin á metade. E que só cos gastos veterinarios de mascotas en occidente, poderíase dotar de recursos a sanidade infantil do planeta. Demagoxia a miña, ou pecado o teu?
A soberbia de antes consistía no desexo desordenado de ser preferido a outros. A de agora, en crer que podes ter a pel de 18 anos tendo 65, nos retoques estéticos infinitos, no narcisimo nas redes sociais e no gasto disparatado nas perfumerías. (Ollo á pecadenta “guerra” de luces en Ourense entre Primor, Druni e Arenal). O mercado do skincare e a cosmética move 500.000 millóns de euros no mundo . Gastamos en potingues e unturas de todo tipo, para intentar confundirnos cun falso filtro de beleza ou frear ou o tempo -como arar no mar-, o equivalente ao PIB de moitos países africanos xuntos. Con só o 10% do que o mundo gasta en maquillaxe e estética, poderíase garantir o acceso a auga potable en todo o mundo mundial. Pecado social.
Ante a avaricia era só un pecado de ricos, o simple afán desmedido de posuír riquezas. Pero agora, coa mellora do nivel de vida, popularizouse o mal. Así, o gasto disparatado en experiencias ou viaxes, ou na posesión de prescindibles obxectos de luxo (bolsos, reloxos, móbiles ou coches de gama alta) para que os demais admiren a túa soberbia posición. O sector do luxo factura máis de 1,5 billóns de euros. A Axuda Oficial ao Desenvolvemento (o que os países ricos dan aos pobres) apenas chega aos 200.000 millóns de euros, sete veces menos. Preferimos un bolso cun logo de Prada, a pagarmos as vacinas para 2000 nenos no terceiro mundo... e custa o mesmo.
Os novos -habería que traballar na lista- son “Pecados de leso consumo contra a humanidade”, Porque a traxedia non é que a xente deixe de ir á misa, é que deixamos de mirar os ollos das persoas e sentir con eles, e ollamos só para as pantallas e os escaparates. Ai, iso si, sempre podemos lavar a conciencia indo concentracións ecoloxistas, pagando uns cans a Greenpeace, ou termando dunha pancarta contra Altri e contra o capitalismo, que, como todos sabemos, é o peor sistema económico da historia... excluídos todos os demais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín