Que se vaia o 2025

O AFIADOR

Publicado: 28 dic 2025 - 00:15

Opinión Lalo Pavón
Opinión Lalo Pavón | La Región

Acábase o ano; quedan apenas tres días para apurar festas e papatorias, reencontros familiares e con amigos para celebrar éxitos, esquecer os fracasos, cultivar as relacións e desexar que o próximo se deixe querer para poder repetir pasados doce meses. O obxectivo é quedar convencidos de que puido ter sido pior, o cual non é malo en sí mesmo, pois aínda que existe risco de enganarnos, por mal que teñan ido as cousas, é obrigado un oco para o optimismo. Adoitaba dicir o malogrado Julio Dorado nos reencontros ao interesarse polo seu decorrer vital, que “sen entrar en detalles, ben”. Como persoa ó cabo de tantas realidades, era conscente de que a Arcadia feliz non existe, pois a pouco que afondemos aparecen elementos que non casan co benestar total; o caso era que o doce fose por enriba do acíbar, para poder o “nin tan mal”.

Ocorre que a virtude de sobreporse á adversidade non é posible sostela sempre nin en toda coxuntura, porque ao longo e ancho do mundo -tamén arredor de nos- sucédense situacións marcadas pola dor e a traxedia que afectan a vidas e facendas que por distintas razóns nos resultan próximas, tamizando por momentos ou etapas a visión xeral positiva imprescindible para funcionar. So é cuestión de rascar un pouco, como dicía Dorado.

Quenes o sufriron nas suas carnes e nos seus bens non o esquecerán nunca, aínda que entre todos podemos persistir ante as institucións para adiantar a cicatrización das feridas que lles devolva a ilusión para loitar por novas metas e horizonte

Como substraerse aos efectos do xenocidio en Gaza, da invasión de Ucraína; de desastres naturais como o sísmo en Birmania con milleiros de mortos, feridos e damnificados; as inundacións recurrentes na India e outros puntos do sudeste asiático? España, Galicia e Ourense non quedaron alleos á catástrofe cos incendios do pasado verán, aínda que estes non se deben a causas naturais, seno nao desleixo institucional no trato co monte na Galicia e a España vaciadas, con máis atención ás liortas que á xestión. Segundo Greenpeace, os grandes lumes triplicaron en número a media existente ata ese momento, pasando de 18 a 60. A magnitude dos mesmos tamén se incrementou multiplicándose por catro, pasando de 1.500 hectáreas cada un ata as 6.100 de superficie media arrasada. Ademáis, dos dez incendios máis grandes do século, oito rexistráronse este verán en Galicia, Castela e León e Extremadura.

As costuras producidas polas lapas abondan para situar o ano que se vai entre os de ingrato recordo no tempo. Quenes o sufriron nas suas carnes e nos seus bens non o esquecerán nunca, aínda que entre todos podemos persistir ante as institucións para adiantar a cicatrización das feridas que lles devolva a ilusión para loitar por novas metas e horizontes. Co amparo social e económico estarán en disposición de aspirar a que 2025 sexa un bon ano para eles. E agardemos que para todos.

Contenido patrocinado

stats