A vella idea do novo hospital

O AFIADOR

Publicado: 05 jul 2026 - 06:20
Lalo Pavón
Lalo Pavón | La Región

Buscando documentación sobre asuntos transcurridos hai un cuarto de século, máis ou menos, topei a presentación do plan director -creo que así se chamaba, creo- para reformar o Complexo Hospitalario de Ourense. A lembranza lévame a refrescar acontecementos paralelos a tal evento, antes do cal este xornal antes do cal dera conta dos contidos máis relevantes do mentado proxecto. No solemne acto oficial celebrado con posterioridade pola Consellería -no que os máximos responsables disimulaban o cabreo polo pisotón informativo-, informouse do alcance das obras que significarían un completo aggiornamento das infraestruturas. A transformación tardou o seu e de feito entre piqueta e construción, aínda andan hoxe nas prolongacións derivadas do iniciado hai cinco lustros.

Daquela, había voces autorizadas que discrepaban da idoneidade do proxecto, dado que obrigaba a simultanear os traballos de derribo e reconstrucción co funcionamento ordinario dos hospitais. Sostiñan quenes así opinaban que sería máis práctico e barato facer un novo ás aforas do casco urbano, dadas as vantaxes de afrontar unha macroobra como a proxectada en terreos diáfanos nunha ubicación con accesos idóneos. Os posicionados no lado oficial tiñan varios argumentos para manter a sua aposta, o máis importante das cuais era a carencia de terreos axeitados.

Os hospitais xogan papeis relevantes na vida cidadán, así que ben merecen que o seu vaia algo máis alá dun acrónimo.

Agora, coa perspectiva do tempo transcorrido, parece claro que o beneficio de buscar un novo emprazamento era indiscutible. Case sesenta anos despois de inaugurada a Residencia orixinal e vintecinco dos plans de reforma, traballadores e usuarios -moitos deles enfermos con dificultades de mobilidade-, ademáis da molestia das obras, a nova macroárea hospitalaria sigue contando con accesos terceiromundistas a través de trazados urbanos sinuosos con ruas atascadas de tráfico e sin sitio coas mínimas condicións para deterse o transporte público -unha rotonda¡-. Fronte a esta realidade, Vigo e Lugo contan con hospitais novos con esas eivas resoltas, co que eso supón en lugares que non son de ocio nin solaz, senon de uso obligado en demanda de remedio para os males de saúde maiores e menores, onde toda facilidade e comprensión son poucos.

E xa postos, o dos nomes. Os hospitais xogan papeis relevantes na vida cidadán, así que ben merecen que o seu vaia algo máis alá dun acrónimo. La Región apostaba o día das Letras Galegas por Otero Pedrayo para o complexo hospitalario de Ourense. Hai veces que unha rua, un edificio ou un espazo público dignifican o nome co que se lle identifica; neste particular, nunca un enclave podería acadar maior honra que tomando o da figura máis preclara que deu Ourense nos últimos dous séculos.

Contenido patrocinado

stats