Jaime Rodríguez Arana
Tecnología y derechos humanos
Seica o que respondeu Unamuno en Salamanca, o 12 de outubro de 1936, en presenza do sanguinario Millán Astray, logo de que este ornease “Muera la inteligencia” -o “Mueran los intelectuales traidores” que tamén hai quen di que dixo tal, foi un máis impersoal “Vencer no es convencer” que non o que pasou á historia como “Vencereis pero no convencereis”. Eran os inicios da guerra civil e ninguén estaba gravando. O caso é que vencer vén do latín “vincere” -gañar, derrotar un inimigo-, termo militar. Algo ten que ver, claro, con convencer, que vén de “convincere” que era “conseguir con razóns ou argumentos que unha persoa cambie de parecer”. Coma hoxe. Pero do participio pasivo deste verbo, tamén do latín, vén a palabra para definir a un acusado de cuxa culpabilidade están convencidos os xuíces: convicto. Así, un pode vencer e acabar de convicto sen problema (lingüístico) ningún.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ELECCIONES GENERALES 29-N
Casi un tercio de los diputados gallegos en el Congreso no repetirán escaño