Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
O outro día coincidín nunha exposición cunha concelleira nova, agradable, formada, que di cousas ben ditas. Ten boa disposición, sabe falar e tamén escoitar. Ten futuro. Alégrome. E comentando a situación xeral do país manifestáballe o meu desacougo polo exceso de consignas e a falla opinións libres e reflexións persoais que acheguen puntos de vista distintos aos dominantes, e, se cadra, enriquecedores. Doíame eu de que os artigos de opinión política nos que se argumentaba tal ou cal foran substituídos polos tertulianos de ton excesivo e argumentarios de todo a cen centrados só en palabras de moda unhas semanas, tipo “fachosfera” ou arestora “xenocidio”. E púxenlle algúns exemplos concretos. E díxome, máis ou menos: “Xa. Pero iso hoxe non vende... E se o dis, pois... quedas fóra da foto”.
E plasmaba ela a realidade dun cambio social. E aviados estamos co exceso de corrección política que é dicir só o que “vende”, o que o público quere oír. O resto, resta. Entendo que tratar de argumentar é ben máis difícil -e incómodo- que deixarse levar polas ondas de opinión, -o que a xente quere oír- froito hoxe da influencia de gabinetes de comunicación de técnicos que tanto traballan para Xan como para Perillán.
En fin, a teima actual do “deber” de usar a palabra “xenocidio” para condenar a masacre do pobo palestino a que conduciu a innobre vinganza israelí, creo que é un avance máis na formación dunha clara tendencia ao totalitarismo na masa social, descualificando a todos os que non se aveñan a usar a palabra. Todos debemos dicir o mesmo, ter os mesmos gustos, as mesmas palabras e para emitir só opinións canónicas. Sen matices. (Na transición discutíase estupidamente, se “amnistía xeral”, “amnistía total” ou “amnistía” a secas. Ou entre a “oficialidade” ou “oficialización” da lingua. Daquela intentábase argumentar, pero agora só hai o insulto para o outro. Parece -iso é o que tratan de moitos- que o non use a palabra xenocidio, por exemplo, ou que estea en contra do boicot a Israel en Eurovisión ou na Vuelta- está a favor da crúa, salvaxe e feroz intervención israelí.
E se eu digo, por exemplo, que a actitude do goberno promovendo ese boicot violento, -tipo a vella kale borroka, dos seus novos socios norteños- creo que entra dentro da definición do delito de odio, ao estender a un pobo enteiro a censura lexítima á decisión dos seus gobernantes, e que a debería ser investigada pola fiscalía, parece que falo en favor da vinganza israelí, e en absoluto. E inda que un use as palabras, masacre, innobre vinganza, cruel e feroz, para cualificar esa esmagadora intervención, queren facer pensar que un está a favor dela, só porque non use “xenocidio”. Faláballes aí arriba da vinganza. Obviamente é tan claro que é vinganza atroz o que está promovendo o goberno israelí, como que esta é unha vía inxusta e ineficaz. O desexo de vinganza é comprensible desde o punto de vista persoal, máxime nas sociedades non cristiás, as únicas nas que se predica a extensión do amor ao inimigo, a caridade e o perdón como eixo vital. O pai xudeu que ve a súa filla violada e morta paseada cal trofeo de caza na parte de atrás dunha furgoneta mentres lle cospen ao paso no medio da rexouba, pensa na eliminación de todos os que naquela acción participaron. É humano. Pero un goberno, o de Israel ou da ANP, por exemplo, non deben camiñar eses vieiros. Non deben deixarse arrastrar por paixóns humanas. Deben manter un esforzo permanente pola paz e a convivencia. Deben sobreporse aos instintos primarios. E os gobernos occidentais, deben só camiñar por eses vieiros de paz, con claridade, sen titubeos, forzando a uns e a outros a percorreren esas vías. Liberación de reféns e paz. (Isto non venderá, pero é así)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Las nostalgias
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Ofelia Cardo exorciza las sombras del pasado
Emilio R. Portabales
TRIBUNA
Pasado, presente e futuro dos Coros Galegos
DIARIO LEGAL
¿Camino público o serventía?