Cada vez máis pobres

O AFIADOR

Publicado: 09 nov 2025 - 00:40
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

O último informe de Cáritas sobre as condicións de vida en España desvela que cada vez somos máis pobres. O traballo desmenuza con precisión e explica con claridade meridiana a situación, de tal xeito que das conclusións, extráese que camiñamos cara o desastre, sen remisión. Cerca de catro millón e medio de persoas viven en situación de exclusión social, das cuais, máis dun millón son menores; case a metade dos cidadáns que viven de aluguer están ao borde da pobreza, e a precariedade laboral converteuse en nova normalidade, afectando a case a metade da poboación activa. Sinalal o informe de Foessa que esto significa que 11,5 millóns de persoas están atrapadas en España nas diversas formas de inseguridade laboral, así como que máis dun tercio da poboación excluida dentro do rango moderado ou severo, está traballando.

Aínda dentro do mercado laboral, aparece que a xuventude accede ao primeiro emprego en peores condicións e con salarios entre un 15 e un 30 por cento por baixo das xeracións anteriores. A crudeza destas últimas porcentaxes non se corresponden cunha crisis xuvenil, senon social que nos afecta a todos pola fractura social que provoca, ata ameazar a sostibilidade do estado do benestar e devaluar a nosa saúde democrática.

Os guarismos son demoledores e os seus efectos non se circunscriben aos capítulos reflictidos eiquí, senon que permean sobre outros tan importantes como a saúde, a educación ou os maiores. A situación é un clamor por solucións tan profundas como urxentes para parar o desastre e revertir a tendencia. (Na interesantísima conferencia de Josep Borrell o pasado xoves dentro do Foro La Región, aínda que fixo unha análise global, no espíritu da sua intervención revoloteaba a necesidade de mandar parar para abrir un cambio de paradigma cara un novo modelo de xestión política, económica e social que faga fronte ao camiño sen saída no que andamos).

Neste contexto tamén convén salientar o papel que xoga Cáritas -perteñecente a mesma igrexa católica, que ten outros flancos susceptibles de crítica- no retrato que nos ispe ante realidade núa, como o esforzo que desprega na atención e auxilio dos máis necesitados, con achegas solidarias e un pequeno exército de voluntarios, que contribúen decisivamente -eiquí mesmo, en Ourense- a que o tecido social non colapse. Como lembraba o desaparecido Benigno Moure, alma mater deste imprescindible dispositivo humanitario -que traballa a toda máquina-, a aportación desinteresada dos xenerosos é o atlante que sostén a estrutura asistencial que as administracións, históricamente, non asumen.

Contenido patrocinado

stats