De victoria en victoria

O AFIADOR

Publicado: 19 oct 2025 - 00:40

Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Cando parecía que xa estaba todo visto, o último pleno do concello de Ourense desvelou que aínda restan flancos para colar o aserto de que a política é o arte do posible -atribuido a Aristóteles, Maquiavelo, Bismark, Churchill e outros máis, e ata do imposible, engadimos nós. De feito, adoitaba repetilo con frecuencia un político ourensán xa desaparecido que marcou época. Enténdese que o espíritu da definición contén o que os servidores públicos poden facer para mellorar a vida dos cidadáns, si ben a realidade acumula demasiados exemplos de perversión da idea para derivala a atender intereses particulares ou de grupos concretos.

Pasados un par de días -tres para vostede, amable lector- da última reunión plenaria da Corporación municipal, na que se ventilaban cesións de crédito por valor de máis de 28 millóns de euros, resulta imposible dixerir a intervención da portavoz socialista en relación co voto do grupo dela mesma e máis outras duas compañeiras de grupo (ou á inversa: casar o voto coa argumentación), pois so asistiron tres dos seis ediles que o compoñen, revelador da delicada e complexa situación na que se atopa o colectivo.

Cando no ambiente imperaba a convicción de que a defensora da postura socialista ía anunciar que ante o estado de catástrofe debuxado so cabía denegar a proposta do grupo de goberno, sentencia que para castigar de verdade ao alcalde e ao seu equipo, íanlle regalar 25,7 millóns de euros¡, cos que financiar esa política que tan nefanda ve para os ourensáns.

Pero volvendo á sesión, como os avisados lectores xa terán lido ou escoitado, tratouse dun discurso vitriólico contra o alcalde no que fixo un relatorio de incapacidades do rexedor, así como de decisións atrabiliarias que teñen as arcas e a vida municipal sumidas no caos e o desleixo total.

Cando no ambiente imperaba a convicción de que a defensora da postura socialista ía anunciar que ante o estado de catástrofe debuxado so cabía denegar a proposta do grupo de goberno, sentencia que para castigar de verdade ao alcalde e ao seu equipo, íanlle regalar 25,7 millóns de euros¡, cos que financiar esa política que tan nefanda ve para os ourensáns. Ben é certo que tamén se amosou segura de que o alcalde sería incapaz de investir tal fortuna deiquí a 2027. Pero se esto é así, debemos entender que lles poñen nas mans tal cantidade so para comprobar o fracaso do alcalde? E si sigue sendo así, non sería mellor pór os mellores esforzos en tratar de cambiar de alcalde para tratar de reconducir a situación?

Calquera idea que se aparte de aí, abona a xa estendida tese de que deiquí a dous anos, as expectativas de PSOE e PP -o outro cooperador imprescindible ata o de agora para soster o equipo de goberno- irán a peor, ata o punto de que cada vez avanza máis a percepción popular de que se cumpla aquelo tan abondosamente citado na historia para quenes van “de victoria en victoria ata a derrota final”.

Contenido patrocinado

stats