José Ángel Vázquez Barquero
Más poder local, mayor descentralización del Estado
PINGAS DE ORBALLO
Que é a vida? A vida é o paso do tempo. Nada máis. A vida é a folla do calendario. A vida é un segundo, un minuto, unha hora, un día... Que carallo, a vida é un suspiro. O que pasa é que, nese suspiro, ás veces, transcorre todo un mundo. Outras veces, tan só hai baleiro.
A vida é simplemente vivir. Vivir ben ou mal. Vivir a medias é complicado. Vivir sen ansia é aburrido. Vivir contentos non é tan sinxelo. Algúns viven cheos de carraxe. Outros, de maldade. Hainos que viven á conta dos pombos, e os pombos vivimos porque nos puxeron aquí.
Vivir é o máis perigoso que ten a vida. E tanto que si. Porén, gústanos o perigo a rabiar
Din que a vida é unha serie de cambios naturais e espontáneos. Non os resistas. Para que? Cambies non cambies, a vida segue. Outros din que a vida é demasiado curta para aburrirse. Pois anda que non hai aburridos! Que a vida é curta, pois... o outro día vin unha miniserie que falaba de trescentos e pico millóns de anos; polo que, ante isto, xa non é curta: é que nin sequera alcanza a categoría de suspiro.
Vivir é o máis perigoso que ten a vida. E tanto que si. Porén, gústanos o perigo a rabiar. Porque nos gusta vivir aburridos, no baleiro, ben, mal. A vida é como unha montaña rusa. E tamén como unha balsa de aceite. A vida é unha viaxe. E, como me gusta viaxar... vivo!
E como dicía aquel: a vida é unha especie de bicicleta. Se queres manter o equilibrio, pedalea cara adiante. E os que non sabemos andar en bicicleta? Esperamos e quedamos a velas vir. E que pase o tempo; porque a vida é iso: o paso do tempo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 26 de mayo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 26 de mayo
crisis de fundamentos en Occidente
Mayor Oreja dibuja un país directo a la ruptura