Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Hai medio século que rematou a guerra de Vietnam. Foi a máis importante derrota que sufriu os Estados Unidos en toda a súa historia, e resulta ilustrativo que fose a mans dunha nación cun potencial económico e militar moito menor. A finais da década dos sesenta e principios dos setenta eran comúns na linguaxe cotiá os nomes de Saigon, Hanoi, Hue, Danang, como hoxe o son Gaza, Ucraína, Dombass... A guerra de Vietnam contribuíu en boa medida a dar pulo á esquerda transformadora e aos movementos de liberación nacional durante dúas décadas, xa que se sumaban ao triunfo da guerra de liberación China, o proceso de descolonización en África, e a Revolución Cubana. Mesmo a Revolta de 1968 en Francia, aínda sendo resultado de dinámicas distintas, estivo influenciada por este auxe revolucionario. Os cambios estaban claramente centrados na periferia.
A guerra de Viet Nam foi cruel, só dende o día 18 de decembro de 1972 ate o 30 dese mes os avións norteamericanos guindaron sobre o país 40.000 tn de bombas e realizaron 15.000 vos
Vietnam do Norte apenas tiña vintetrés millóns de habitantes, Vietnam do Sul vinte millóns, fronte aos 214 millóns dos Estados Unidos (USA). E, aínda que hoxe está esquecido, ademais do exército pro occidental do de Vietnam do Sul e de tropas estadounidenses había continxentes doutros países, como Australia, Corea do Sur, etc. É verdade que os rebeldes vietnamitas contaban co apoio económico e militar de China e Rusia, porén o esforzo sobre o terreo e a estratexia triunfante foi exclusivamente da xente do país. Non se pode obviar que o exército vietnamita ademais de ser inferior en número tiña un potencial de fogo moito máis baixo. Pesou moito pra conquistar a revolución a vontade de se liberar da ocupación estranxeira, e tres grandes figuras na dirección do proceso de liberación: Ho Chi Minh, Nguyen Giap e Le Duan.
Ho, considerado o pai da patria, fundou o partido e organizouno e deulle unha estratexia axeitada ao que era un proxecto difuso e minoritario, un desexo popular durante a colonización francesa, e soubo aproveitar axeitadamente a ocupación xaponesa durante a Segunda Guerra Mundial. Giap, historiador, foi un estratego militar invencíbel, e que ía ter moi cedo sona coa toma da fortaleza de Dien Bien Phu (en Laos); cando venceu o sete de maio de 1954 ao exército expedicionario francés que pretendía recuperar o centro e norte de Vietnam. Le Duan, sería o secretario do Partido, de 1969 ate 1986 ano no que faleceu, ou sexa durante os momentos máis duros e nos que se conseguiría a vitoria. Os tres deixaron escritos sobre seus obxectivos, folla de ruta, política de alianzas; ou sexa, como enfrontar momentos tan críticos nunha situación tan adversa. Paga a pena estudalos.
A guerra de Viet Nam foi cruel, só dende o día 18 de decembro de 1972 ate o 30 dese mes os avións norteamericanos guindaron sobre o país 40.000 tn de bombas e realizaron 15.000 vos. Segundo os Estados Unidos morreron na guerra 57.277 soldados norteamericanos, 188.000 sur-vietnamitas e 920.000 norvietnamitas; foi estragada o 70% da infraestrutura industrial e de comunicacións de Vietnam do Norte. Outros informes, que inclúen as baixas civís, falan de tres millóns de mortos vietnamitas.
Mais, Vietnam, un país atrasado e desfeito vai medio século, foi quen de se recuperar. Ou sexa, a soberanía nacional tiña e ten un gran valor. Algunhas cifras, de 1983 a 1993 o PIB medrou unha media do 5,6% anual, de 1993 ao ano 2003 fíxoo un 7,2% cada ano. No ano 2020 o PIB creceu o 6%, malia o menor crecemento mundial polo esgotamento da globalización neoliberal, a caída da natalidade. Sen dúbida Vietnam está nunha etapa de crecemento, como o resto do este de Asía, agora ben, aínda é moito o camiño que lle queda por percorrer pra chegar aos parámetros de Europa Occidental, outra cuestión é que a tendencia lle sexa máis favorábel, e a desigualdade social e precariedade non deixe de medrar en “occidente”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
Una victoria para terminar el año del Arenteiro
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien