Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
O AFIADOR
O martes celébrase como xa é habitual, o día contra a violencia sobre a muller, arredor do cal están saíndo estes días estatísticas arredor da realidade actual, resultados de estudos sobre distintos aspectos vencellados a tan gravísimo problema, para tratar de botar luz e pór negro sobre branco a dura realidade que sufren as mulleres e, con frecuencia, pagan tamén os seus fillos e familiares, e que, en definitiva, precisa do esforzo colectivo para seguir minimizando esta lacra ata erradicar o machismo.
A tarea é faraónica e interpélanos como sociedade cabal de que transcorrido o primeiro cuarto do século XXI resulta inadmisible aceptar a metabolización de algo que nos retira a condición de militantes nai gualdade de dereitos e no respecto aos demáis, entre os que máis da metade dos seus integrantes son mulleres. Ao fío do balbordo de datos e o sufrimento que viven tantas mulleres, chama a atención o dito por expertas na materia nunha xornada organizada pola Asociación de Periodistas de Galicia, na que participou Carmen Rivas, responsable da edición dixital desta cabeceira centenaria que nos acolle. Nesta ocasión púñase o acento na ciberviolencia machista, que está ganando terreo e ten entre as suas presas máis vulnerables á menores e incluso nenas.
As ponentes eran de tal nivel que o escoitado sóubolle a pouco aos asistentes; axudaba o caudal de coñecemento que irradiaban, o dominio da materia e a claridade expositiva. Si lles interesa, busquen na rede e seguro que non lles defraudará. Entre o dito, podemos apuntar que en España imos adiantados na línea de combate sen cuartel; que en contra do que se poida pensar, países como, Alemania, Holanda, Suecia e boa parte dos integrados na Europa social máis avanzada e con economías desenvolvidas, carecen de datos solventes para saber cuales son as respectivas realidades nos seus territorios.
No caso das redes sociais, unha das maiores ameazas estriba no fácil acceso de rapazas e rapaces -de once ou doce anos, por exemplo-, onde son pasto fácil dos abusadores, favorecidos pola falla de percepción do perigo que supón para as vítimas inconsciencia de publicar ou enviar datos persoais ou imaxes comprometedoras, coas que poden ser ameazadas ou extorsionadas se non cumplen as peticións dos receptores, sexan amigos, inimigos ou descoñecidos, véndose nunha situación da que son incapaces de sair sen axuda. O control dos contidos pode ser de gran axuda, pero nada comparado co poder da concienciación sobre o perigo real, tendo en conta que detrás de cada dez casos denunciados, seica quedan noventa agochados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Lo último
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense