La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
A descortesía que manifestou o grupo municipal do PSOE esoutro día ao non acudir á recepción do Concello de Ourense ao embaixador de Israel, sr. Daniel Kutner -quen viña, por certo, doutra co alcalde socialista de Vigo-, tróuxome á memoria un par de lembranzas.
Unha. O establecemento de relacións diplomáticas entre Israel e España veu de mans de Felipe González en 1986 e foi entendida positivamente pola OLP porque se abrían novas vías para un posible diálogo. Superábanse os tempos da conxuración xudeo-masónica. Criamos.
Outra, máis persoal. No outono de 2011 veu a Ourense o agregado de cultura da embaixada israelí, Oren-Bar-El, nunha visita que tivo as súas reviravoltas. Como todos os que interviñeron están xa fóra da política, creo que as podo contar sen facer mal ningún. A cousa é que o tal señor chegara o mes anterior á embaixada a Madrid e andaba devecente de coñecer o país. Chegáralle un convite do Festival de Cine de Ourense porque de Israel seica viñan moitas curtas, e incluíuno de inmediato na súa axenda. Poucos días despois, telefonárono, seica por indicación da Concellería de Cultura -que levaba á sazón Isabel Pérez, do BNG- dicindo que lle retiraban o convite. Eran os tempos do bigoberno na cidade, os do Bloque por un lado os do PSOE por outro. O caso é que os amigos da Asociación de Amigos de Israel chamáronme a min, a ver se podía acompañalo por aquí e por Ribadavia, porque como fixera o plan viría en calquera caso en viaxe privada, pois desexaba coñecer Galicia.
Eu, un pouco enfadado pola falla de formalidade, ofrecinme a facer unhas chamadas para que fose recibido polas tres autoridades que xulgaba podían ter interese no asunto, ou sexa, alcalde de Ourense, Paco Rodriguez, do PSOE; presidente da Deputación, Xosé Luís Baltar -PP-, e Marcos Blanco, do PSOE, alcalde de Ribadavia. Meu dito meu feito. Deputación e Ribadavia, todo facilidades. E no Concello de Ourense, tamén. Case.
Cóntolles. Fixen varias chamadas infrutuosas para falar co meu apreciado director do Instituto de Carballiño, Paco Rodríguez, e despois de terlle que dicir á unha secretaria-filtro o obxecto da conversa, recibiunos el o día convido con toda amabilidade e cortesía. É máis, ensinoulle ao diplomático unha carta dun grupo de boicot a Israel pedindo que non o recibira, e gabouse de non lles facer caso. Eu manifesteille a miña sorpresa pois dado que era un tema privado, non se fixera ningunha declaración pública da visita nin aviso á prensa, e a filtración, cría eu, non debía andar lonxe. En fin, de alí fomos á Deputación onde, tamén, amabilidade e cortesía, e un comentario incisivo nun aparte do vello Baltar: "Por certo, Monxardín, chamoume Paco hai un par de días para preguntarme se ía recibir ao señor este, e díxenlle que claro que si. E dixo el, ‘pois logo eu tamén".
Fomos despois a Ribadavia, todo facilidades do alcalde, do concelleiro de Cultura, José Prieto, e dos historiadores José Luís Chao e de José Ramón Estévez. Incluso algún deles estaba preocupado porque non había comida kosher. Cando pediron os israelís -viña coa muller e fillas- deume a risa. De primeiro, unha fonte de xamón serrano, e de segundo, xudías con xamón. Eran xente elegante e normal, de pouca fame.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo, 21 de diciembre