Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña
A recente restauración da mítica locomotora situada frente a estación intermodal de Ourense invítanos a reflexionar sobre cómo debemos coidar a nosa cidade. Cada elemento rehabilitado, xa sexa histórico, cultural ou funcional, require algo máis que un investimento inicial. Precisa mantemento, atención e, sobre todo, protección.
Neste senso, a vixilancia dos espazos públicos e das infraestruturas representa un papel esencial. Non se trata, unicamente, de evitar o deterioro ou os actos vandálicos, senón de garantir que estes bens permanezan accesibles, seguros e en condicións dignas para o conxunto da cidadanía. A experiencia demostra que calquera intervención sen un sistema de control e un mantemento axeitado corre o risco de ver comprometido o seu valor en pouco tempo.
A instalación de sistemas de videovixianza en puntos estratéxicos, como o contorno da locomotora, a súa área de influencia e a estación intermodal, podería constituír unha ferramenta eficaz para previr condutas incívicas ou delictivas. A presenza de cámaras actúa, en moitos casos, como elemento disuasorio fronte a posibles actos vandálicos ou usos inadecuados do espazo. Así mesmo, permitiría detectar situacións de risco, como a ocupación indebida de instalacións ou a súa utilización para fins non previstos, contribuíndo a preservar tanto o ben en sí como a seguridade do seu contorno.
Pero máis alá da súa función preventiva, estes sistemas deben concibirse tamén como un recurso ao servizo da investigación. Neste punto, cómpre poñer en valor o traballo constante, e moitas veces invisible, que realizan as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como a Policía Local e a Adscrita á Xunta, na protección da cidadanía. Especialmente relevante é o labor das unidades de investigación, que en numerosas ocasións deben levar a cabo tarefas complexas e minuciosas para reunir indicios, reconstruír feitos e lograr o esclarecemento dos delitos.
En non poucas ocasións, as imaxes procedentes de cámaras, xa sexan de establecementos, entidades bancarias ou comunidades de propietarios, resultan determinantes para avanzar nunha investigación. Por iso, a existencia de sistemas de videovixianza ben situados, correctamente xestionados e accesibles de maneira áxil para os corpos policiais pode marcar a diferenza entre a impunidade e a resolución dun feito delituoso.
Protexer as nosas instalacións, infraestruturas e elementos históricos non é só unha cuestión estética ou cultural, senón tamén de responsabilidade
Para que isto sexa realmente eficaz, resulta imprescindible establecer protocolos claros e coordinados entre os distintos corpos de seguridade, especialmente entre Policía Nacional e Policía Local. A dispoñibilidade inmediata das imaxes, baixo criterios de legalidade e protección de datos, facilitaría unha resposta máis áxil ante calquera incidente, mellorando a capacidade de actuación e reforzando a seguridade no contorno urbano.
A chave non reside unicamente en instalar cámaras, senón en integralas dentro dunha estratexia máis ampla de seguridade urbana. Isto implica definir procedementos de actuación, canles de comunicación eficaces e mecanismos que garantan o uso responsable da información obtida. Só así se logrará que a tecnoloxía se converta nun óptimo aliado da convivencia e da protección do patrimonio e dos cidadáns de ben que viven neste femoso núcleo.
Ourense, como calquera cidade que aposta pola recuperación e posta en valor dos seus espazos, debe avanzar cara modelos que combinen conservación e seguridade. Vixiar non é desconfiar, senón coidar e protexer a persoas e bens. É entender que o patrimonio común require de ferramentas que aseguren a súa permanencia no tempo, evitando que o esforzo colectivo se dilúa por falta de previsión.
Protexer as nosas instalacións, infraestruturas e elementos históricos non é só unha cuestión estética ou cultural, senón tamén de responsabilidade. Incorporar medidas de vixianza axeitadas, ben xestionadas e coordinadas, cumprindo a normativa de protección de datos, pode supoñer un paso decisivo para consolidar contornos máis seguros, previr condutas delictivas e reforzar a confianza da cidadanía no espazo público.
A recuperación da locomotora da Ponte non soamente simboliza a restauración dunha mole do ano 1917 na que os cidadáns invertimos preto de 200.000 euros. É un convite a reflexionar sobre cómo queremos preservar o que é de todos. E nese camiño, a vixianza intelixente e coordinada, xunto co traballo profesional de quen vela pola nosa seguridade, preséntase como unha ferramenta necesaria para garantir un dos activos máis valiosos dos que dispomos os ourensáns como é poder sair á rúa con liberdade e sen temor a que nos roben, nos agredan ou danen o que pagamos todos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Perseguir a famosos para amedrentar a las masas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Como si no fuera con él
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Revive Revve Anabaraego no fútbol ourensán?
Lo último
SUPUESTOS NARCOTERRORISTAS
Un nuevo bombardeo estadounidense sobre una lancha en aguas del Pacífico deja tres muertos
LISTADO COMPLETO
Buscador | Consulta aquí las 506 zonas de baño en Galicia 2026
ENCUENTRO MILITAR
Cuba y Estados Unidos mantienen sorpresiva una reunión en Guantánamo