PUNTADA CON HILO
Nada tiene sentido
PINGAS DE ORBALLO
Sen estrelas navegamos polo universo futbolístico como se fósemos o Falcón Milenario da guerra das galaxias. E neste Mundial tamén soubemos esquivar as batallas, mesmo os enfrontamentos que moitos auguraban -e se cumpriron- fronte a uruguaios e arxentinos.
A fama rara vez nace da nada: o catenaccio italiano, a dureza dos uruguaios e o carácter raposeiro ou lagarteiro dos arxentinos... Sempre hai un motivo, máis ou menos xustificado, detrás dos estereotipos.
Sen estrelas. Hoxe aínda escribimos en quente, pero dentro duns meses entenderemos mellor a dimensión do que conseguiu esta selección española
Tiven, teño e terei a Arxentina como un país irmán. Agora ben, a súa selección de fútbol gañou por dereito propio un lugar nese inframundo dos malos comportamentos deportivos. Había moito tempo que non vía un tan mal perder coma o da final deste Mundial. E sería comprensible que os ánimos se quentasen se existise algún motivo: unha actuación arbitral discutible ou algunha provocación dos xogadores españois. Pero non foi o caso. Todo o mundo viu que España fixo con Arxentina exactamente o mesmo que antes fixera con Francia: superouna de principio a fin, tanto no fútbol coma no comportamento. Simplemente tiveron que asumir un repaso que Francia soubo aceptar con moita máis deportividade.
Sen estrelas. Hoxe aínda escribimos en quente, pero dentro duns meses entenderemos mellor a dimensión do que conseguiu esta selección española. Era un equipo sen grandes individualidades. As dúas presuntas estrelas, Lamine Yamal e Pedri, estiveron lonxe da súa versión máis brillante. E, con todo, España acabou pasando por riba das seleccións que contaban coas tres maiores estrelas do fútbol mundial: Cristiano Ronaldo, Kylian Mbappé -aínda que eu sigo quedando con Michael Olise- e Leo Messi. Case nada. E non foi simplemente que xogásemos mellor ca eles. Foi algo máis rotundo: xogamos nós e non os deixamos xogar a eles. Démoslles volta e media en todo. Sen estrelas navegamos polo universo futbolístico a bordo do Falcón Milenario, comandado por un Han Solo chamado Rodri. Aí é nada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PUNTADA CON HILO
Nada tiene sentido
Alfredo Conde
A TRIRITA
O galego precisa máis autoestima que normas ortográficas
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Volta e media... e sen estrelas
Rosendo Luis Fernández
Pero... ¿Tiene vergüenza Sánchez?
Lo último