Volve o debate da redución de concellos

Publicado: 09 feb 2025 - 03:10 Actualizado: 12 feb 2025 - 17:57

Leo a prensa entre as 7-8 horas de cada día. Pero o día cinco de febreiro, minutos antes das 7 horas, xa tiña no whatsapp unha notificación de Neme, debido a un titular de “La Región”, o que deu pé para que me notifique un “volve outra vez o debate da reducción de concellos; son os de Red Localis. E prosigue, agora en castelán: Grecia fue el primer país del sur de Europa en aplicar la denominada “estrategia del norte” en materia de fusión de municipios. En 1997 se aprobó la Ley 2539/1997 que puso en marcha el Plan Capodistrias, de fusión obligatoria de municipios, pasando de 5.825 a 1.034. El gigantesco bache económico de 2008 fue para Grecia una nueva oportunidad, acabando por reducir sus municipios y 124 comunidades del Plan Capodistrias a sólo 325 mediante fusiones voluntarias o forzadas. El conocido como Plan Calícrates se aprobó en la Ley 3852/2010 y entró en vigor en enero 2011. En Grecia pasaron de 5.825 ayuntamientos a 325. ¿Solucionaron algo? El tiempo dice que no”. Hasta aquí Neme.

A noticia en “La Región”, baixo o titular “La reducción de municipios será cuestión de supervivencia”, noticia derivada dun estudo de “Red Localis”, que pronostica de imprescindible replantear a administración local; sendo avalado o informe polo profesor Vaquero da UVigo. Ainda que algunhas das razóns son antigas e sabidas, como que Ourense ten un problema de dimensión, xa que a perda poboacional e o envellecemento levan marcando a axenda dos concellos con pouca población…, que síntensen imposibilitados de prestar servizos de calidade, e esto retroalimenta a perda poboacional. A continuación exponse un cadro das ventaxas dunha fusión municipal. Nin que decir ten que a min a letra gústame, pero…

s concellos, tamén os pequenos como os de Ourense, non sobresaen polas débedas, nin voluntariamente teñen solicitado fusións

Eu continúo ca miña teima, xa que alomenos en Ourense, provincia onde 91 concellos dos 92 son de menos de 20 mil habitantes, e moitos por debaixo de 3 mil, a miña repetitiva pregunta continúa sendo: Se fusionamos, poñamos de exemplo, catro concellos de mil habitantes cada un, o resultante vai ser un concello de 4 mil, pero sobre una superficie considerable. Máis que resolver o problema da dispersión, enmascárase. Non diminuimos, con esta operación, a dispersión poboacional nin o envellecemento! E facilitamos o acceso aos servizos básicos, coma ao centro de saúde, farmacia, colexio? Tampouco! No artigo de “La Región” os expertos apostan polas mancomunidades, cando, salvo excepcións, foron e son fonte de problemas ou mesmo fracasos, tras bastantes ensaios. Tamén mencionan as áreas metropolitanas!, cando en Ourense levamos vinte anos para poñer en marcha o transporte metropolitano… e nada.

A problemática dos pequenos concellos concrétanse nas naturais limitacións que impoñen o seu tamaño, agravada por factores como a dispersión, que encarece o coste da prestación de servizos. Ainda que as posibles fusións non van ser garante de mellores servizos a menor coste. Por estas razóns, e alguhnas máis, continúo na miña teimada alternativa, cal é a de distinguir “Goberno Local” e “Administración Local”; xa que o costoso non é ter moitos gobernos locais de pequenos concellos, senón que o inviable económicamente é dispor de moitas administracións locais de pequenos concellos. Para este menester, dende a Deputación de Ourense, fixérase un chamamento e ofreceuse unha proposta, baseada nas “Fusións de facto”; ou sexa, as fusións de servizos, onde a Deputación lidere, como xa o fai en moitos casos.

Tampouco é de recibo, pero faise, manter esa dobre moral pola que, por una banda critican que os concellos pequenos son dependentes económicamente doutras administracións públicas -tamén o son os grandes- e, sen embargo, por otra banda cada vez máis teñen que “apoquinar” con obrigas e responsabilidades derivadas doutras administracións supramunicipais, que non levan aparellas a súa correspondente financiación económica. Que llo pregunten aos alcaldes. Si, que hai que adaptar as entidades locais á realidade e aos retos do século XXI. Os concellos, tamén os pequenos como os de Ourense, non sobresaen polas débedas, nin voluntariamente teñen solicitado fusións. Son as adminisitracións máis cercanas aos administrados, e coñecedores que as fusións territoiais dos concellos enmascaran máis que solucionan; e a eficiencia, nestes casos, non só se mide en termos económicos.

Contenido patrocinado

stats