Alfredo Conde
A TRIRITA
Votar, votarei... mais non sei eu
A TRIRITA
De mañá nunha semana, a votar, que total só é un día de vez en cando. A xente moza, a que naceu logo da entronización do El Rei Xoan Carlos I, un monarca que, recibindo como recibiu un poder absoluto das mans dun ditador totalitario, renunciou a el optando polo establecemento da democracia. Esa xente moza non pode saber e por tanto valorar nin o privilexio de vivir en liberdade, nin o tempo que levou chegar a ela. Esa xente pode ser ou vai ser quen lle dea a volta á famosa tortilla de patacas. Cal? Esta: cando veñan os meus e poñan as cousas no seu sitio e os ricos pasen a probes e os probes pasen a ricos, daquela, isto vai ser Jauja.
Sinto un fonda envexa pola xente que o ten todo tan claro que non dubida en absoluto
Irrítame, irritoume sempre, ese xeito de expresar o desexo de que as cousas melloren porque implica que todo vai seguir como estaba cun só cambio: o de que uns pasen a ser os outros e os outros pasen a ser os uns. Enténdense ben, aínda asi de mal expresado é que do que se trata é de que uns non monten por riba doutros a costa e ó prezo que sexa e o mal siga como estaba. Pois ben, o vindeiro domingo 29, a votar. Sinto un fonda envexa pola xente que o ten todo tan claro que non dubida en absoluto porque, de momento, o único que teño eu claro é a quen non vou votar, porque votar si que votarei, faltaría máis.
Debo recoñecer que a miña situación non é envexable, nin como pra presumir dela, pero lamentándoo moito é a que é, e debo asumila. Derivase de que o que foi inevitable, mesmo ineludible no seu momento, hoxe non só resulta innecesario senón mesmo causante dos tempos que vivimos. Sair dunha ditadura na que un só partido era o que rexía os comúns destinos de toda a cidadanía, pra que un feixe deles (douscentos e pico deles, se ben o recordamos) implicaba unha debilidade destes de tal magnitude que había que dotalos dun poder tal que lle permitise facerlle fronte ós que se coñecían como os poderes fácticos. Funcionou ben, pero hai tempo que deixou de facelo.
O poder que se lles outorgou ós partidos fan que estes sexan hoxe quen decidan os que han ser deputados e senadores e non os cidadáns que depositen o seu voto nas urnas das que han saír. De que intereses han render contas e a quen llas han render? Ós cidadáns? É de temer que non. Pra saír elixidos non dependen do seu voto senón da decisión do seu xefe de partido de que vaian nunha lista. Tampouco somos a xente quen eliximos ó presidente do Goberno, son eses deputados. Mentres non desaparezan as listas pechadas, mentres non se reformen algúns artigos da Constitución Española do 1978 non manteremos unha democracia como os países que levan centos de anos funcionando en liberdade. Non moitos, pero si exemplares.
Entón, a quen votar? O campo de xogo está tan avolto que uns partidos se confunden con outros
Entón, a quen votar? O campo de xogo está tan avolto que uns partidos se confunden con outros. Non se pode ver con claridade quen é o menos afectado por este estado de cousas que, xunto co descoñecemento do que é unha ditadura, levan á non pouca xente moza a participar no evento do xeito que todos percibimos como posible.
Na afable tranquilidade dunha sobremesa mantida entre dous amigos, oínlle dicir, máis dunha e de dúas veces a un dos pais da Constitución do 78 a súa convicción de que esta está chamada ó fracaso pola mesma razón que fracasaron todas as que a precederon. Cal? Pois unha que se expresa rapidamente: non converter o Senado nunha cámara de representación territorial. Súmenlla ó anterior.
Onde está a xente dotada da mesma grandeza que mostraron aqueles que secundaron a El Rei nos seus desexos de acadar a democracia prescindindo dos seus intereses persoais? Non hai moitos exemplos históricos como os duns deputados que renuncien ós seus privilexios nas Cortes franquistas nin tampouco os hai de políticos de esquerdas, procedentes da clandestinidade, que renuncien a principios como os que defenderon na ditadura e lle valeron cadea cando non exilio ou soidade.
Irei votar, claro que irei votar. Como non, como renunciar a elo? E procurarei decantarme por aquela opción política que me ofreza a maior proximidade ós principios que nos trouxeron o privilexio de vivir en democracia. Deberei pensalo ben, non teño dereito a equivocarme moito, algo si, pero non moito. Irei votar. Como podería deixar de ir?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Alfredo Conde
A TRIRITA
Votar, votarei... mais non sei eu
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Puigdemont destapa a Pedro Sánchez
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
La eterna guerra entre el talento y la vulgaridad
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Insultos