Isaac Pedrouzo
Laura no está
A TRIRITA
Chegou o día, comeza a romería; mañá toda peregrinaxe é necesaria, útil e significativa, diríase que imprescindible. Onte rematou unha campaña electoral, unha máis. Ben pensado, logo de case medio século de democracia, non é moi exaxerado o número de veces nas que temos sido convocados ás urnas. Hoxe, unha vez máis. Imos ver que pasa, novembro sempre me pareceu un mes aciago. Confeso que sempre se me ofreceu así. Non hai que darlle importancia. A T.S. Eliot, abril sempre lle pareceu o mes máis cruel -outros din triste- e mire vostede o poema que deixou escrito no seu libro “The Waste land”. En castelán dise “La tierra baldía”. Don Eladio Rodríguez posiblemente escribiría “A terra balda” (disque) e outros dinlle “A terra erma”. Poden escoller. A min vaime máis o da terra balda, miren que cousa, porque nela sempre anda un un tanto baldado. Non sei que dicir. Aciago pode equivaler a funesto e tampouco non é pra tanto. Aínda menos se falamos de eleccións, ofrézanse estas como se nos ofrezan.
As de mañá, as eleccións de mañá, veremos como saen. Vidente Risco sempre dixo que as cousas son asegún e posiblemente suceda así en cousa de vintecatro horas, pois a procesión sempre vai por barrios e esta que se anuncia mesmo pode levarnos ós arrabaldos ou traernos deles. Xa veremos.
De entrada, esta campaña electoral ofrecéusenos algo distinta e inusual, cando menos contemplada neste Val da Maía no que habito dende hai máis de trinta anos. Noutras anteriores e nos lugares indicados houbo sempre cantidade de carteis electorais. Neles ofrecíansenos os rostros dos posibles deputados. Era unha oportunidade memorable porque ós non elixidos non importaban moito, pero os electos era a única oportunidade que tiñamos de lles ver a cara. Non pasaba iso coas dos candidatos a presidir ó Goberno central, ó de España considerada no seu conxunto, e atender ás necesidades comúns de todos nós os que compomos a cidadanía española. Os carteis deses candidatos eran colgados dos postes da luz das estradas de entrada e saída das cidades; en ocasións tamén os das cabezas das listas correspondentes e mesmo os do Senado. Dese Senado do que Farga consideraba que habería que transformar nunha cámara de representación territorial. Non se me preocupe o lector moi puntilloso que non se me vai ocorrer ningún chistiño malo.
Dese Senado do que Farga consideraba que habería que transformar nunha cámara de representación territorial. Non se me preocupe o lector moi puntilloso que non se me vai ocorrer ningún chistiño malo.
Ocórreseme ben o da ausencia de que os candidatos xa non nos teñan ofrecido nin a cara, esa mesma que si han ofrecer en defensa da acción do seu partido, mentres duren a súa estancia nun escano do Congreso ou do Senado e aínda farán que llas rompan neses patíbulos nos que derivaron as redes sociais, arduas remendadoras de conciencias, disolventes intelectuais no que están a derivar, en troques de nos abrir horizontes, en troques de nolos pechar a forza de facernos cegar e deixándonos tan só sentir cando o indicado sería que nos empuxasen a pensar.
Porén do que estabamos a parolar era do mínimo esforzo de colaboración que debemos aportar os cidadáns, ese feito algo transhumante consistente en nos achegar a un colexio electoral e pousar dentro da urna o nome da opción que consideramos, xa que non a máis idónea das que se nos levan ofrecido nestes días, si, cando menos, a máis oportuna e decisiva.
O feito de que se nos ofrece a oportunidade de dicir o que pensamos, non tanto o que sentimos, por moi único e excepcional que se nos presente, é algo que non debemos eludir. É falso o que se nos afirma cando nos din que hai que deitar na urna o voto útil, pois todo voto é útil, todo voto e necesario e tamén todo voto debe ser feito non a impulsos cordiais, non a reaccións sentimentais, senón de todo aquelo que nos leve a restaurar a harmonía convivencial, non me atrevo a dicir que perdida, pero si algo esquecida ou deteriorada.
A convivencia no se mantén so con sentimentos, tamén con eles, si, pero preferiblemente con argumentacións, con reflexións e con serenidade, baseadas nos razoamentos de xente capaz á que xa se lle coñece a cara e esta merécenos a confianza e maila seguridade necesarias pra construír unhas veces e reconstruír noutros casos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Isaac Pedrouzo
Laura no está
Alfredo Conde
A TRIRITA
O voto útil, o necesario e o convivencial
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Felipe
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
El mágico 75%
Lo último
Ventas prenavideñas
El “Black Friday” dispara las ventas del comercio EN oURENSE
Nuevo desarrollo
Atenas hace sitio a los grandes yates en su nueva costa de lujo
visibilizar barreras
Cruz Roja y el comercio se unen por el empleo en O Barco