Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Cadaquén, da súa casa
Xa pasaron nove anos dende que escomezara a mobilización por parte de pais, nais e familiares de persoas con discapacidade, para reivindicar un Centro de Atención para Persoas con Discapacidade (CAPD), co argumento -perfectamente fundamentado- de que Ourense carecía dun Centro para a atención destas persoas, o que resultaba un agravio respeto a outras provincias. Tomouse conciencia, e ainda retrasándose o edificio máis do que todos desexáramos, pois houbo atrancos varios, sobre todo a pandemia polo covid, co conseguinte desmesurado aumento dos materiais de construcción, que deu lugar a unha nova licitación –como noutras moitas obras-, hoxe o edificio é una realidade. Ourense dispón dun CAPD público, vangardista, innovador con equipamento adaptado, que resulta ser un Centro referente en Galicia.
Unha vez que o edificio xa non tiña marcha atrás, comezou a reivindicación dos familiares e membros das persoas susceptibles de ser atendidas no CAPD, para que este Centro tivera una xestión púbica e directa, e non empresarial. Efectivamente a Deputación de Ourense dende o primeiro momento, e de maneira unánime, se manifestou pola xestión pública. A última vez en decembro. Pero no transcurso de xaneiro, a Xunta de Galicia da a coñecer que a atención, e a correspondente xestión do CAPD, vai ser por parte de entidades sociais sen ánimo de lucro. Un cambio sustancial, xa que a experiencia, con datos obxetivos sobre o número de persoas atendidas, o número de centros xestionados, o número de profesionais de atención… e vocación asistencial, fai que entremos nun novo escenario a ter en consideración.
O traballo que xa levan facendo e están a facer as entidades sociais, dende hai anos, está fóra de toda dúbida. O presidente en Galicia do CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade), organismo que representa a trece entidades, que teñen a súa razón de existencia no traballo diario na defensa dos dereitos e mellora na calidade de vida das persoas con discapacidade, así o atestigua con datos. Moitas das entidades do CERMI Galicia son prestadoras de servizos, con experiencia de anos; son entidades sen ánimo de lucro, non son empresas nin teñen consellos de administración nin accionistas. Que se pode dubidar, entón, do compromiso ca discapacidade e co movemento asociativo? En Ourense temos exemplos de entidades consolidadas como son o centro da asociación Aixiña, ou o de Aspanaes, ou o traballo que desenvolve Aspasidi.
Dende a Deputación de Ourense valoramos e cremos que se trata dunha xestión totalmente garantista, suxeita a iguais regulamentos de funcionamento, de acceso a prazas, de utilización, que as de xestión pública; e será sempre, e únicamente, a Xunta quen outorge e traslade as persoas usuarias. Por suposto, garántese un control, inspección rigorosa, con atención directa a todas as instruccións ou directrices que a Xunta lle faga chegar. Ademais dunha ratio de profesionais de atención directa estricta. A Xunta -como ben fixo saber a portavoz Patricia Torres- quere con isto cumprir cos mandatos recollidos nas propias leis que establece que “os poderes públicos fomenten a participación da iniciativa social na xestión de servizos públicos, o que fomentarán enfoques máis humanizados e máis flexibles en relación as persoas con discapacidade”. Estamos a falar da lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Absolutamente nada fóra de contexto.
Sinceiramente creo que está fóra de lugar, con este tipo de xestión por parte das entidades sociais, con persoal cualificado e experiencia contrastada, como corresponde e merecen as persoas con discapacidade, sen ter que acudir a una lista de contratación; a afirmación de “temer a que sus hijos sean cobayas” non da lugar. Comprendendo que a principal preocupación de pais e nais é o sistema de xestión do Centro, considero un acerto poñer un Centro de referencia, de vangarda, cunha xestión incontestable e de calidade a cargo de quen mellor sabe, representa e esixe as necesidades de persoas con discapacidade, e que levan anos traballando e formándose ao respeto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Cadaquén, da súa casa
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El desembarco de Simón
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Ahorro ourensano, ¿economía saneada o estancada?
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Tartufo
Lo último
VISITA DE TRUMP A CHINA
La tregua de la guerra en Irán, en un punto crítico mientras siguen los contactos
36,6% CAMBIARÍAN DE EMPRESA
El 75,6% de los españoles está insatisfecho con su salario
REAL DECRETO-LEY
Luz verde a un copago más progresivo de las medicinas