Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Apuesta
ARTE ET ALIA
No amplo e luminoso espazo do primeiro andar do Pazo Provincial, antesala do poder de político da provincia de Ourense, coa área da presidencia fronte da escaleira, e tamén os departamentos de goberno nas ás dela, está a exposición do artista que firma X. Poldras. É un coñecido e recoñecido gravador residente en Ourense, nado Xosé Manuel Rodríguez Alonso en A Coruña, en 1969, sendo o seu desempeño profesor de debuxo no ensino público en Ourense. É Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. O de “Poldras”, paso de pedras que atravesa un curso de auga, camiño dun muíño moitas veces, vén da súa terra familiar, Viana de Bolo. Coloca alí un bo mangado de obras dos últimos anos nos vans entre as portas dos despachos, arredor dunhas trinta e cinco, de formato grande e medio. Nunha foto institucional da inauguración privada, Poldras estalle a explicar ao presidente da deputación “Claudia na praia”.
Todo elo como é usual sobre papel, de distintas tramas e grosores. Trátase dunha elaboración por métodos tradicionais de estampación manual no tórculo, facendo obras de tirada curta, tres ou catro copias como moito
A mostra adorna este corredor, un non-lugar como definiu o antropólogo Marc Augé a este tipo de espazos de xeito canónico, de relacións provisorias e efémeras, semellante ás estacións de ferrocarril ou aeroportos, nunha escala maior, ou un ascensor. Até aquí chegan os visitantes para as dilixencias relativas aos seus concellos, e apenas reparan nelas, mais a mostra -a segunda aquí dende o cambio recente na cadeira presidencial-, ten peso plástico dabondo, exhibindo o artista algunhas das técnicas das que é mestre consumado, como a punta seca, linóleo, gofrado, colografías e mesmo xilografías, isto é, gravados de madeira, unhas obras nas que adoita aplicar tintas, matizando os tons. Todo elo como é usual sobre papel, de distintas tramas e grosores.
Trátase dunha elaboración por métodos tradicionais de estampación manual no tórculo, facendo obras de tirada curta, tres ou catro copias como moito, a fin de controlar o resultado final buscado, e dando ao cliente unha mensaxe de exclusividade, como se fai coas edicións limitadas de reloxos de alta gama. Expón aí, neses espazos intermedios das paredes -en xaponés Ma, baleiro, esencia da enerxía, e pausa no movemento entre portas, ritmo do silencio e baile silencioso-, Home de pedra, o da nena e a nai (Compras e praia), Cornucopia, Entroido para peóns ou Monólogo. Moitas son herméticas, mais noutras a relación en obras significadas da historia da arte axuda, malia a súa deconstrución, caso das da Balsa da Medusa (Delacroix) ou a Venus do espello (Velázquez), con elementos de Magritte. Un tentar o diálogo nesta especie de salón dos pasos perdidos.
Ten exposto na biblioteca da Universidade, libraría Eixo, boutique de Roberto Verino, Zapatería del Abuelo, Biblioteca Pública ou en Olga interiorismo, na que engadiu pezas escultóricas. É comisariado en Alterarte, na que sería a súa derradeira aparición, a Enrique Ortiz (n. 1934), grande gravador de orixe ourensá. Fixo portadas para libros, e cartafoles dedicados a Martín Gaite, Carlos Casares, García Calvo ou a xeración Nós; sendo de destacar os Caprichos espidos, baseados en Goya, autor central da súa tese, cunha grande exposición na sala Valente. “Os ángulos da brasa”, do premio nacional de poesía 2013 Álvarez Torneiro, foi inspiración nela, como aquí, dende o poema ‘Caaveiro’, para o título desta retrospectiva, Ese río.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Apuesta
Miguel Mosquera Paans
La gran cagada
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Xosé Poldras expón na Deputación
TRIBUNA
Walking on the moon
Lo último
SPUTNIK LABREGO
Un nuevo refugio en la cuna del patrimonio del wolframio
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Parada Justel e o pintor que puido ser...