La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Axubilación parcial é unha modalidade de xubilación que se inicia unha vez superada a idade de 60 anos e que é simultanea cun contrato de traballo a tempo parcial e pode estar vinculada a un contrato de traballo de relevo celebrado cun traballador ou traballadora que se atope en situación de desemprego ou que teña concertado coa empresa un contrato temporal. Tamén pode darse a posibilidade de que non exista contrato de relevo, cambiando así algúns dos requisitos.
A xubilación parcial, permite que se reduzca a xornada laboral, coa consecuente baixada de salario e a maiores, se lle sume un porcentaxe da pensión de xubilación.
Accederán a esta modalidade de xubilación, os traballadores e traballadoras por conta allea, con independencia do réxime da Seguridade Social no que se atopen, os socios/as traballadores/as ou de traballo das cooperativas, que teñan a idade de 60 anos cumpridos e que reúnan os requisitos esixidos para ter dereito á pensión de xubilación contributiva da Seguridade Social.
Dentro desta modalidade de xubilación, existen duas posibilidades. A primeira, sería a xubilación parcial sin contrato de relevo, na que se esixe a idade ordinaria de xubilación e que exista un período mínimo de cotización da persoa interesada de quince anos, dos cales dous, deberán estar incluidos dentro dos quince anos anteriores ao feito causante.
A reducción da xornada da persona traballadora interesada, estará comprendida entre un mínimo dun 25% e un máximo do 50% e o contrato poderá ser a xornada completa ou parcial, sin esixirse antigüidade na empresa.
A segunda posibilidade é a xubilación parcial con contrato de relevo, podendo acceder a esta modalidade únicamente os traballadores/as que están contratados a xornada completa. Deberá de celebrarse simultáneamente un contrato de relevo.
En canto ás cotizacións, esíxese unha cotización mínima de 33 anos, a excepción de si o traballador ou traballadora presenta discapacidade igual ou superior ao 33%, reducíndose a cotización a 25 anos.
Ademáis, outro dos requisitos é que o traballador ou traballadora houbera desenvolto durante os últimos seis anos a súa actividade laboral na mesma empresa que lle concederá a xubilación parcial. A diferencia coa xubilación parcial sen contrato de relevo, nesta modalidade sí se esixe antigüidade na empresa.
Os mutualistas poderán solicitar esta modalidade de xubilación (cumprindo o resto de requisitos) á idade de 60 anos.
A reducción da xornada neste caso, será de mínimo un 25% e máximo un 50%, podendo aumentar ate un 75% se o contrato é a xornada completa e de duración indefinida. E, a maiores, haberá que ter en conta o cumprimento da idade mínima, sendo necesario diferenciar entre aqueles traballadores/as que teñen condición de mutualistas e aqueles que non. Os mutualistas poderán solicitar esta modalidade de xubilación (cumprindo o resto de requisitos) á idade de 60 anos.
Para poder optar a este tipo de xubilación, o primeiro paso é poñelo en coñecemento da empresa, chegar a acordo con esta e, posteriormente facer os trámites necesarios ante o INSS cunha antelación máxima de 3 meses.
Para aqueles traballadores/as que non teñan a condición de mutualistas, o requisito da idade, requerirase en función dos anos cotizados. Para aqueles que teñan 33 anos cotizados, poderán solicitar a xubilación parcial aos 63 anos e 8 meses e, no caso de ter 35 anos e 9 meses cotizados ou máis, poden solicitada aos 62 anos e catro meses.
Para poder optar a este tipo de xubilación, o primeiro paso é poñelo en coñecemento da empresa, chegar a acordo con esta e, posteriormente facer os trámites necesarios ante o INSS cunha antelación máxima de 3 meses.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio