Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
Segundo os datos achegados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), as persoas ocupadas (traballadoras) en 2024 superaron os vinte e un millóns, unha cifra que se pensaba inalcanzable, pero que aí está, para darlle lustre á acción dos responsables de crear emprego. En base a estes datos oficiais, presentados con bombo e pratos sonoros, e cun par de simples operacións, calquera pode ver o enorme gasto na redución de media hora de traballo cada día.
Ao parecer, no ano 2023, a xuventude destinou algo más dun terzo do seu orzamento a partidas relacionadas con desprazamentos, tempo libre e ocio, moito más que á cultura. O informe do Banco de España indica claramente que a riqueza neta por parte da mocidade é menor que a dos seus homólogos de xeracións anteriores.
Un xestor autónomo co seu lapis de carpinteiro na man dereita e unha táboa pulida suxeitada coa esquerda, facía as contas desta maneira: Con once meses de traballo cada ano e vinte e dous días laborables ao mes, cada traballador reduciría 120 horas por ano e os vinte e un millóns de traballadores reducirían 2.520 millóns de horas.
Moitos cartos. Se se valora unha hora de traballo a dez euros, serían 25.200 millóns de euros cada ano, unha cifra que fai calar a calquera, mentres repenican as campás de tódalas igrexas, co seu badalo pendurado; zoa o vento do sur e bruan os bois de pura raza galega, alí, na corte do medio.
Quen pretende reducir a xornada laboral está buscando animadoras para a distracción, entretemento e diversión delas e deles. Efectivamente hai que proporcionar á cidadanía preparación adecuada para o consumo de ocio, para ter algo que facer, para aguantar as ganas de tirar e seguir tirando para adiante, sen derrubarse nas proximidades de cadaquén, no foso escuro onde caen os parados, os que traballan e non gañan, os fixos descontinuos, os que buscan pan e salario, os que pretenden encher o tempo con actividades de tempo libre.
Ao parecer, no ano 2023, a xuventude destinou algo más dun terzo do seu orzamento a partidas relacionadas con desprazamentos, tempo libre e ocio, moito más que á cultura. O informe do Banco de España indica claramente que a riqueza neta por parte da mocidade é menor que a dos seus homólogos de xeracións anteriores.
Pero o traballo é traballo e as axudas ou subvencións, como di a Tía Manuela, “son pan para hoxe e fame para mañá”. A sociedade debería defender e seguir o ditame da Organización Internacional do Traballo (OIT), impulsar a xustiza social e promover o traballo decente, os salarios xustos e protección social para todos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior