OTRO HERIDO EN OURENSE
Un menor herido al salirse una moto de la vía en Pereiro de Aguiar
29 DE SETEMBRO
O director do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, José Luis Rebordinos, será o protagonista dunha nova sesión do Foro La Región organizada no marco do OUFF. O encontro celebrarase o vindeiro 29 de setembro ás 19.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde ofrecerá unha conferencia titulada “Festival de San Sebastián: presente e retos futuros”.
Rebordinos analizará o papel que desempeñan os festivais nun momento de profunda transformación da industria audiovisual. A proliferación de plataformas e de novos formatos de exhibición, así como o aumento da produción cinematográfica, converteron estes certames en espazos fundamentais para orientar ao público e dar visibilidade ás obras. Durante a súa intervención tamén abordará cuestións como a igualdade de xénero e os novos modelos de financiamento que condicionan o futuro do sector. Como é habitual no Foro La Región, os asistentes poderán participar cunha quenda de preguntas ao remate da conferencia.
A presenza de Rebordinos en Ourense terá ademais un carácter especial, xa que este ano pecha unha etapa de quince anos á fronte do certame donostiarra. A súa visita supón un importante respaldo para o OUFF, que reforza así a súa proxección e os vínculos con outros festivais de referencia no ámbito europeo. Tras o foro, o director participará tamén na entrega de premios da II Residencia Audiovisual Faíscas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OTRO HERIDO EN OURENSE
Un menor herido al salirse una moto de la vía en Pereiro de Aguiar
FALSEDAD DOCUMENTAL
Detenido en Ourense por cobrar por empadronamientos ficticios a 33 extranjeros
LA GRAN CITA ASTRONÓMICA
El día en el que anocheció dos veces en Ourense