Homenaxe con historia no Abril Oteriano
50 ANIVERSARIO DO PASAMENTO
O conselleiro Román Rodríguez destacou na clausura da homenaxe a visión de Otero Pedrayo, que entendía Galicia como “unha paisaxe cultural, unha síntese de natureza e historia”.
O Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC acolleu este sábado a segunda e última xornada do programa Abril Oteriano, unha cita organizada polo Centro Autonómica de Formación e Innovación e a Fundación Otero Pedrayo para conmemorar o 50 aniversario do pasamento do escritor ourensán. A xornada combinou o rigor académico durante coa homenaxe institucional e cultural.
A sesión matinal arrancou oa mesa de relatorios centrada na relación do autor co Grupo Nós. O inspector veterinario da Consellería do Medio Rural, Juan Casares Gándara, foi o encargado de abrir as intervencións analizando a amizade entre Cuevillas e Otero a través dunha semblanza ao estilo antigo. A continuación, a profesora do IES A Pontepedriña, Patricia Arias Chachero, afondou na historia da amizade e o intercambio epistolar entre Otero Pedrayo e Castelao. O peche deste primeiro bloque correu a cargo do profesor da UVigo Serxio María Rodríguez Álvarez, quen expuxo o papel de Otero como símbolo político e mito no galeguismo contemporáneo. Por ultimo, Víctor Freixanes, en representación da Real Academia Galega, e o profesor emérito da USC Ramón Villares, dialogaron sobre a memoria e a vocación intelectual de Don Ramón.
Xa na xornada de tarde, o evento adoptou un ton máis festivo e de relevo xeracional coa entrega do II Premio de Relato Curto Otero Pedrayo da Natalia Otero Oubiña polo seu texto “O pelouro” sobre don Ramón e Castelao. No acto de clausura o conselleiro Román Rodríguez, acompañando ademais á nova reitora da Universidade de Santiago, Rosa Crujeiras, no que supuxo o seu primeiro acto oficial, quixo resumir o pensamento do homenaxeado sinalando que, para Otero Pedrayo, “Galicia non era só un espazo físico, senón unha paisaxe cultural, unha síntese de natureza e historia, de traballo e memoria”.
O colofón ao medio século do pasamento do Patriarca das Letras non podía ter outra sinatura que a da mítica coral De Ruada, formación indisolublemente ligada aos intelectuais da Xeración Nós, que uxo un fermosísimo peche musical no Paraninfo compostelán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMERA VEZ DE EVA EN LA CIUDAD
Juan José y Eva, turistas catalanes: “Vengo todos los años a Ourense y siempre encuentro algo nuevo que visitar”
AUMENTO DEL 315%
Perú, Colombia y Cuba abanderan la explosión migratoria en Ourense
CAMPO DA FEIRA
Perú festeja su día de la independencia en Ourense
Lo último